fotografías inétidas na exposición da 17 mice e estreas en españa na sección oficial da 3º xornada

mércores, 30 de marzo de 2022

Coreografías do facer. O traballo feminino nos fondos Henningsen , programada no marco da 17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e comisariada por Ana Estévez Lavandeira e David Conde, amosa unha selección de fotografías do folclorista, antropólogo histórico e investigador dinamarqués Gustav Henningsen, que realizou durante un traballo de campo en Galicia entre 1964 e 1968. Algunhas destas fotografías son inéditas.

Pódese visitar desde o luns 28 e ata o 1º de maio na ala Sur do Museo do Pobo Galego:

De martes a sábado: 11 horas – 18 horas [horario continuado].
Domingos: 11 horas – 14 horas.

PROGRAMACIÓN MÉRCORES 30 DE MARZO


Na programación de hoxe hai catro películas na sección oficial, dúas delas estrea en España.

A primeira estrea é a da película francesa Pour votre confort et votre sécurité, de Frédéric Mainçon.

17h00 no Museo do Pobo

Pour votre confort et votre sécurité

A Portrait on the Search for Happiness, ópera prima de de Benjamin Rost tamén se poderá ver ás

19h00 no Museo do Pobo

Para estas sesións, as entradas están dispoñibles, de balde, en Vivetix e desde 1 hora antes do comezo da proxección na
recepción do Museo.

A Portrait on the Search for Happiness

No Numax proxéctanse outro dos filmes da sección oficial internacional, a película rodada en Menorca por Maciá Florit Pedra Patria

ás 20h00 en Numax

Entradas en Numax e na billeteira.

Pedra Patria

E a cuarta deste día na sección oficial é a xeorxiana My Piece of the Earth, de Maka Gogaladze, tamén estrea en España.

ás 18h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal.

My Piece of the Earth

Hoxe ademais inaugúrase a sección Impropias, comisariada por Mariana Hristova, que xa está na cidade para presentar Mziuri (Sunny), da cineastra xeorxiana Keti Machavariani.

20h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal

Mziuri (Sunny)

E rematamos a xornada de hoxe con dúas películas da sección Trazas, que Vicente Vázquez escolleu para esta sección da 17 MICE. Trátase de Three Quarters, unha curta de 5′ do estadounidense Kevin Jerome Everson.

Three Quarters

E a segunda película de Trazas deste mércores é Les prostituées de Lyon parlent, de Carole Roussopoulos

Les prostituées de Lyon parlent

Ambas películas poden verse ás

ás 22h00 no Teatro Principal no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal