Coa colaboración do Cineclube de Compostela

Un programa que se desenvolve en colaboración co Cineclube de Compostela, e que constitúe referentes do cinema etnográfico, moitos deles nunca estreados en salas de cinema galegas. Imos contar con diferentes pezas de carácter etnográfico que remiten a distintas reflexións sobre a rururbanía nunha proposta que coordina o historiador e programador do Cineclube, Julio Vilariño Cabezas.

Todos os filmes pásanse con subtitulado para facilitar a súa comprensión e accesibilidade

As cidades e as trocas

as cidades e as Trocas

Mércores, 15 de marzo, ás 22h00 no Teatro Principal

2014 | 138 min | Portugal

Dirección e guión: Luísa Homem, Pedro Pinho

Edición e fotografía: Pedro Pinho, Luísa Homem

Son: Raquel Marques, Rita Hermínio

En 2008 desátase unha crise de crecemento do sector turístico en Cabo Verde que desemboca na busca de oportunidades de negocio en países próximos como Mauritania. Con ese conflito como horizonte, As cidades e as trocas arranca nun cargueiro en Lisboa e percorre unha ruta atlántica, coa idea de destacar as transformacións sociais e físicas que o conflito e a súa posterior internacionalización xeran na paisaxe.

Al-Sandawich

Venres, 17 de marzo, ás 20h30 en Numax

1975 | 12 min | Exipto

Dirección e guión: Ateyyat El-Abnoudy

Edición: Ateyyat El-Abnoudy, Magdi Kamel

Fotografía: Maher Radi

Son: Magdi Kamel

Na aldea de Abnoud, a 600 km ao sur de El Cairo, que semella ter escapado ao paso do tempo, a vida dun grupo de nenos que xogan libremente nun espazo verde aberto e preparan algo de comer vese alterada por forzas externas.

THE CONWY CROSSING

Venres, 17 de marzo, ás 20h30 en Numax

1991 | 39 min | Reino Unido

Dirección: Stephen Hewitt, David Shaw

Fotografía: John Lawson Reay

Son: Barbara Lawson Reay

Música: Nigel Bells

Presentador: Timothy Evans

Construído en 1991, o túnel máis longo de todo Gales, que leva a estrada por debaixo do río Conwy, foi o primeiro do seu tipo no Reino Unido. A obra, que custou máis de 140 millóns de libras, foi promocionado polo goberno como “un novo elo dunha cadea de ouro” dunha rede viaria para asegurar a prosperidade do norte de Gales.

Guias Turisticas

Guías turísticas satánicas: Polígono de Coia

Venres, 17 de marzo, ás 20h30 en Numax

2013 | 9 min | Galicia

Dirección: Vicisitud y Sordidez

Acompañado dos seus pais, o autor percorre o barrio vigués de Coia, exemplo do urbanismo franquista de finais dos 60 que combina o brutalismo dos bloques de edificios coas pegadas dos restos rurais e a inserción ao redor da circunvalación da cidade. A conversa entre eles historia a evolución política, urbanística e humana dun barrio con fama obreira e marxinal.

Fotograma Contra´s City

Contras’ City

Sábado, 18 de marzo, ás 19h no Auditorio do Museo do Pobo Galego

1969 | 22 min | Senegal

Dirección e guión: Djibril Diop Mambéty

Edición: Jean-Bernard Bonis, Marino Rio

Fotografía: Georges Bracher

Son e música: Djimbo Kouyaté

Documental ficcionado que amosa a cidade de Dakar mentres se desenvolve unha conversa entre o propio director Djibril Diop Mambéty e unha francesa, Inge Hirschnitz. Nun pintoresco carro tirado por un cabalo, percorren de forma caótica os barrios residenciais e populares da capital senegalesa, cidade de contrastes: nenas senegalesas vestidas de comuñón diante da igrexa, musulmáns rezando na calzada, a arquitectura rococó dos edificios oficiais, humildes tendas de artesáns nas cercanías do grande mercado.

BOCA DE LIXO

Sábado, 18 de marzo, ás 19h no Auditorio do Museo do Pobo Galego

1993 | 45 min | Brasil

Dirección e guión: Eduardo Coutinho

Edición: Pablo Pessanha, Thereza Tessouroun

Fotografía: Breno Silveira

Son: Flavio Protasio Ceccon, Antonio Gomes

Música: Tim Rescala

Documental experimental sobre o día a día daqueles que buscan entre os restos do vertedoiro de Itaoca, en San Gonçalo, a 40km de Río de Janeiro, descobre unha das caras máis crueis da desigualdade económica do Brasil.