Sección Oficial

A Sección Oficial a concurso da MICE recolle por un lado, a sección competitiva internacional que optará ao Premio á Mellor Película Etnográfica dotado con 1000 euros, diploma e trofeo. E, por outro, a sección competitiva de cinema galego, que opta ao Premio á Mellor Película Galega entre os filmes galegos que participan nesta sección dotado con 700 euros, diploma e trofeo.

Nesta 16ª edición, o xurado da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural outorgará o Premio AGANTRO á profundidade antropolóxica dotado con 500 euros, diploma e trofeo. Ademais, os espectadores outorgarán mediante as súas votacións o Premio do Público. A causa da pandemia, a sección oficial proxéctase en liña, con pases presenciais para os filmes galegos.