Impropias

Sección coordinada por Mariana Hristova

Nun contexto como o das Ciencias Sociais onde o discurso dominante é o androcéntrico, e no mundo da cinematografía, onde a presenza de mulleres directoras en festivais conta aínda con desigualdades, a organización da MICE considera que é preciso reforzar a presenza do cinema realizado e/ou producido por mulleres. A sección é así un convite de carta branca para profesionais mulleres do mundo do cinema e do audiovisual que programen filmes realizados por directoras. Nesta edición aceptou o noso convite Mariana Hristova, crítica de cinema, xornalista cultural e programadora búlgara, especializada no cinema dos países balcánicos e da Europa do Leste así como no cinema de vangarda, amateur e  subrepresentado. 

A selección de Mariana Hristova, realizada meses antes de que se declarase a guerra en Ucrania,  fai un percorrido polas antigas terras soviéticas que se atopan en contextos e fronteiras diferentes pero que están aínda conectadas por un  pasado común. Este pasdo que definiu a vida social, laboral e persoal dos seus habitantes, segue tendo unha importancia cultural e sociopolítica fundamental na zona como vemos coa actúal situación de conflito. A través das miradas sutiles e penetrantes de cinco cineastas, a programación levará ao público a recantos pouco coñecidos do que no seú día  foi a Unión Soviética, co foco posto na multiculturalidade do territorio, na cotidianidade despois da desintegración, así como tamén as perspectivas políticas e sociais que están agora mesmo no centro das miradas. 

Texto Mariana Hristova para Impropias

Sunny/Mziuri

Mércores 30 de marzo ás 20h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal

67′ | 2021 | Xeorxia

Keti Machavariani

En Tiflis, un investigador realiza unha enquisa social polos barrios da cidade para ofrecer unha visión única desde o interior dos fogares. O que ao principio parece unha simple historia baseada nunha serie de preguntas e respostas, rapidamente se converte nunha película que resoa con forza a voz dunha sociedade en transición. O enfoque desarmante e paciente de Sunny permítelle aventurarse na psique do país, onde desentraña a humanidade que se atopa no corazón desta nación pouco coñecida do Cáucaso Sur. Cun ton sutil pero claramente estilizado, Sunny capta intimamente unha Xeorxia postsoviética que se desprende do seu pasado e que aos poucos se vai facendo a si mesma.

Heat Singers

Xoves 31 de marzo ás 20h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal

63′ | 2019 | Ucraína

Nadia Parfam

Durante moitos anos, Ivan Vasyliovych foi o líder sindical de IvanoFrankivskTeploKomunEnergo, unha empresa de calefacción municipal no oeste de Ucraína. A súa obra maxistral é o coro sindical de mecánicos, reparadores, despachadores, contadores e outros empregados. Ivan Vasyliovych está moi orgulloso dos seus logros creativos, pero tamén lembra que “o quecemento é o primeiro, e só entón cantamos!”. O horario dos ensaios debe organizarse arredor da “temporada de calefacción”. Mentres o colectivo trata de arranxar as antigas canalizacións, os clientes están a bombardear o servizo de atención directa. É posible quentar os seus radiadores fríos co poder da canción popular ucraína?

the hope factory

Xoves 31 de marzo ás 22h00 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal

102′ | 2014 | Rusia

Natalia Meshchaninova

A cidade industrial de  Norilsk, no norte de Siberia, é un dos lugares máis contaminados do planeta. Aquí é onde Natalia Meshchaninova ambienta a súa película de título irónico. A vida neste pobo de mala morte no interior do Círculo Polar Ártico non ten moito que ofrecer á xente nova. A protagonista da película, Svyeta, é consciente diso. Achégase os seus décimo oitavo aniversario e a idea de pasar o resto dos seus días na cidade que a viu nacer é, como mínimo, pouco atractiva. Meschchaninova debutou con este drama convincente e realista, usando unha cámara en man e cun impresionante guión apoiado nas meticulosas interpretacións.

Transnistra

Venres 1 de abril ás 18h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal

93′ | 2019 | Suecia – Dinamarca – Bélxica

Ana Eborn

Un grupo de mozas e mozos pasan dun verán sufocante e despreocupado a un inverno implacable no autodenominado estado de Transnistria, onde a bandeira nacional aínda mantén o martelo e a fouce.

holidays

Sábado 2 de abril ás 18h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal

52′ | 2005 | Rusia

Marina Razbezhkina

Os nenos e nenas mansi nun internado na pequena vila rusa Ivdel esperan con impaciencia as vacacións de inverno. Esperan volver ao seu pobo natal, onde non hai televisión nin videoxogos. Tárdase un día enteiro en chegar á súa cidade natal, a través de bosques e campos nevados, pero non hai lugar como o fogar. Na casa poden montar en zorra, saltar desde o teito á neve e xogar ás cartas coa avoa. As vacacións de inverno son un pequeno cambio para as nenas e nenos da cidade. Decidirán  regresar?