25-29 de agosto
2020

NOVAS DATAS 2020: 25-29 de agosto

A organización da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e o Museo do Pobo Galego decidimos pospoñer a celebración da 15 edición, inicialmente programada do 23 ao 29 de marzo, para agosto. A situación extraordinaria derivada da COVID-19, que afectou a todo o mundo, obrigou á suspensión do festival poucos días antes do estado de alarma.

A crise sanitaria mundial segue. Desde a MICE Museo do Pobo Galego queremos sinalar que debemos seguir as recomendacións sanitarias e actuar con prudencia e civismo, non só para nos protexer do virus, senón por respecto a todas as persoas que, nos momentos máis críticos, estiveron dun xeito ou outro en primeira liña. E para quen non está. Porque neste tempo no que todos e todas vivimos unha situación extraordinaria, para moitas persoas virou dramática. O noso sentimento está con elas.

A seguridade do público, das persoas convidadas, cineastas, traballadores e traballadoras, é fundamental. Estamos traballando para que a MICE poda desenvolverse con todas as garantías e, á vez, co espírito de celebración, encontro e coñecemento que o evento quere ter. E esperamos contar de novo co voso sostén, con ese alento que nos fai manter a ilusión en cada edición.

Grazas!


Unha MICE segura e reponsable

Segue estas medidas básicas de seguridade para acceder ao festival:

  • Reserva a entrada previamente do xeito indicado na información sobre entradas, para garantir o aforamento establecido e a localización en caso de ser necesario.
  • Acude ao evento respectando a hora de entrada indicada, para que a organización poida garantir un axeitado control do aforo, evitando deste xeito a excesiva concentración de asistentes nas zonas de acceso.
  • Ocupa a butaca asignada, non invadas as butacas anexas nas que estea sinalizada a prohibición de uso.
  • Leva máscara para acceder a todos os recintos do festival
  • Manten a distancia interpersoal de 1,5 metros de distancia.
  • Usa o xel hidroalcohólico á entrada e á saída de cada espazo e cada vez que utilices un servizo (WC, bar, etc), antes e despois.
  • Accede individualmente aos servizos.
  • Respecta as indicacións referidas á etiqueta respiratoria: cubre a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar cun pano desbotable e tírao nun colector de lixo. Se non tes pano de papel debes tusir ou esbirrar sobre o brazo, no ángulo interno do cóbado, co propósito de non contaminar as mans. Se sofres un acceso de tose inesperado e o cobres accidentalmente coa man, evita tocarte os ollos, o nariz ou a boca.
  • Non asistas ao festival se tes algún síntoma como febre, tos seca ou sensación de malestar ou, no caso de ter estado en contacto estreito cunha persoa afectada polo COVID-19. Se te atopas mal unha vez dentro do recinto, avisa inmediatamente a alguén do equipo organizador.
  • Se acompañas a menores de idade, garante que estes respecten as normas indicadas.

patrocinan

Logotipo con ligazón Xacobeo 2021.
Logotipo con ligazón da Xunta de Galicia.
Logotipo con ligazón da Deputación da Coruña.
Logotipo con ligazón Concello de Santiago de Compostela
Logotipo con ligazón de Museo do Pobo Galego

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico xorde en 2006 e está promovida polo Museo do Pobo Galego.

Seccións

Actividades Paralelas

Logotipo de Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema.
A MICE – Museo do Pobo Galego é membro de Proxecta.