MICE Petís. Cinema en escolas e institutos

MICE Petís é o espazo escolar dentro da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. Esta programación específica para centros educativos está deseñada polo realizador Marcos Nine e ten a vontade de crear novas miradas arredor do cinema no público máis novo. A proposta, de carácter gratuíto, está dirixida a dúas franxas educativas: de 2º a 5º de Educación Primaria e de 6º de EP a 4º da ESO.

Polas circunstancias sanitarias, nesta 16 edición do festival, a MICE irá aos centros, achegándolles, a través dunha ligazón, un programa de curtas que será presentado polas organizadoras da actividade. Esta selección servirá para que os docentes poidan traballar nas aulas e tratar co alumnado temas como a igualdade, a identidade sexual ou o medio ambiente.

Os centros poderán solicitar esta actividade, de xeito gratuíto, até finais de abril escribindo un correo a: servizosdeac@museodopobo.gal ou chamando ao 981 58 36 20.

Sesións para nenas e nenos de 2º a 5º de Educación Primaria

Facendo fincapé en valores como a igualdade, a multiculturalidade ou o medio ambiente, os filmes escollidos alén da dimensión lúdica, son un recurso para a educación, a aprendizaxe e a creatividade. As curtas contan con subtítulos en galego:

Narge’s Voice, de Hadi Rhabar (Irán). 16′ VOS.
Inspiración, de Daniel Parucho (Venezuela). 10′ VOS.
Prinsesspojken, de Sosi Chamoun (Suecia). 9′ VOS.
One fine day, de M. R. Vibin (India). 10′ [Estrea en Galicia]
Land without Evil,
de Kati Egely (Hungría, Arxentina). 4′

Sesións para nenas e nenos de 6º de EP a 4º da ESO

Estas cinco curtas son películas recentes que interesan dende o punto de vista da etnografía polo coñecemento que achegan do mundo infantil e xuvenil en diferentes culturas (pasando do Nepal a Suecia, entre outras). Estas pezas conectan ademais distintas procedencias nun percorrido de oriente a occidente no que se mostran diversos usos culturais á vez que se traballan valores tan importantes na educación como a igualdade de xénero, a identidade sexual ou a diversidade funcional. As curtas contan con subtítulos en galego:

Bakyt, de Meerim Dogdurbekova (Kyrgistán). 13′ [Estrea en Galicia]
Rammat-Gammat, de Ajitpal Singh (India). 18′ VOS.
Chico Miguel, de Maximiliano Subiela (Arxentina). 15′ VO.
Inspiración, de Daniel Parucho (Venezuela). 10′ VOS.
Prinsesspojken, de Sosi Chamoun (Suecia). 9′ VOS.


Marcos Nine, realizador, productor, guionista y director artístico del festival Cinema Crianza. Comenzó su carrera colaborando en el guión de series de televisión como Mareas Vivas o Terras de Miranda. En 2003 dirige Carcamáns, un documental sobre el impacto de la catástrofe del Prestige en la Ría de Arousa. A esta pieza le seguirán otras muchas como Aarón (Premio Mestre Mateo a la mejor obra experimental en 2009), Manuscritos pompeianos (2010) o Radiografía dun autor de tebeos (2010) con las que participa en más de 60 festivales de todo el mundo. Su primer largometraje La brecha (2012) se estrenó en el Festival de Cine Independente de Buenos Aires (BAFICI).