CADERNAS DE OLLOBOI

Luns 28 de marzo ás 20h00 no Teatro Principal

Sesión inaugural

59′ | Galicia | 2021 

Equipo Festival Olloboi





Un documental sobre o cine nas aulas galegas nos últimos 10 anos e sobre un  festival que estivo sendo lugar de encontro para as escolas e artistas do cinema galego. O festival de cine escolar Olloboi é un evento sen ánimo de lucro organizado desde 2009 por docentes e artistas no concello de Boiro. Polo seu labor  promovendo o cinema nas aulas,  polo catálogo de curtas  e recursos pedagóxicos que teñen elaborado, o festival recibiu, entre outros recoñecementos, a distinción  José Sellier da Academia Galega do Audiovisual en 2020.

O filme Cadernas de Olloboi foi adquirido pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística ao abeiro do fondo Xabobeo 2021.

A VIRXE ROXA

Martes 29 ás 16h30 no Museo do Pobo

Proxección e encontro co director

94′ | Galicia | 2021I VOSPX

Marcos Nine

O 9 de xuño de 1933, un crime convulsionou a opinión pública española: Aurora Rodríguez Carballeira matou a tiros a súa propia filla, Hildegart, unha brillante e reputada intelectual, mentras esta durmía. A moza, con só dezaoito anos, era unha das mulleres máis destacadas da Segunda República española. Publicou varios libros sobre educación sexual e o papel da muller na sociedade moderna, foi xonalista e membro do partido socialista. Mais tamén era un produto perfectamente calculado e deseñado pola súa nai para que fose a liberadora da muller. Os plans de Aurora non saíron como estaban previstos.
Con subtitulado para persoas xordas.

NACIÓN

Venres 1 de abril ás 19h00 no Museo do Pobo

Proxección e encontro coa directora

92′ | Galicia | 2021

Margarita Ledo Andión

A fábrica galega de louza Pontesa pechou en 2001. Vinte anos despois, á espera de sentenza sobre a súa reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical. Nieves, Ester, Manuela, Carmen P. e Carmen A. manteñen viva a pelexa polos dereitos da muller na España do século XX. A historia das súas vidas desprégase en presenza da esfinxe: reclama a memoria das operarias do téxtil, a louza e a conserva e anuncia voces e arquivos que engarzan tempos e corpos diferentes. Traballar sen cobrar? Iso nin falar.