August 25-29

New dates 2020: August 25-29

A organización da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e o Museo do Pobo Galego decidimos pospoñer a celebración da 15 edición, inicialmente programada do 23 ao 29 de marzo, para agosto. A situación extraordinaria derivada da COVID-19, que afectou a todo o mundo, obrigou á suspensión do festival poucos días antes do estado de alarma.

A crise sanitaria mundial segue. Desde a MICE Museo do Pobo Galego queremos sinalar que debemos seguir as recomendacións sanitarias e actuar con prudencia e civismo, non só para nos protexer do virus, senón por respecto a todas as persoas que, nos momentos máis críticos, estiveron dun xeito ou outro en primeira liña. E para quen non está. Porque neste tempo no que todos e todas vivimos unha situación extraordinaria, para moitas persoas virou dramática. O noso sentimento está con elas.

A seguridade do público, das persoas convidadas, cineastas, traballadores e traballadoras, é fundamental. Estamos traballando para que a MICE poda desenvolverse con todas as garantías e, á vez, co espírito de celebración, encontro e coñecemento que o evento quere ter. E esperamos contar de novo co voso sostén, con ese alento que nos fai manter a ilusión en cada edición.

Grazas!


A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico xorde en 2006 e está promovida polo Museo do Pobo Galego.

Seccións

Actividades Paralelas

Entidades organizadoras