MICE sen valos

A MICE quere chegar un pouquiño máis lonxe levando a nosa proposta a outros espazos e territorios.

No presencial

As accións do festival durante esa propia semana estarán presentes en distintos puntos da periferia da cidade de Santiago de Compostela cun programa específico que levará as actividades familiares ao CSC Aurelio Aguirre de Conxo e ao CSC  Castiñeiriño de Santiago de Compostela.

E nunha colaboración co Galician Film Forum, entidade que difunde o cinema galego en Gran Bretaña, a MICE   estará na sede que o GFF ten no Kings College de Londres na mesma semana do festival. Alí vanse proxectar Negro Púrpura de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva que falarán do seu filme ao público de Londres en streaming, e Stockroom de Sol Mussa quen estará presente na sesión do Kings College.

No dixital

Mice Petís en liña

Mice en liña