Galicia

RESONANCIAS DO PASADO

Martes 29 de marzo ás 20h00 en Numax

Entradas en Numax e na billeteira

2021 | 66′ | Galicia

Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro


A través de vellas películas que gardaba a veciñanza de Vilagarcía de Arousa e que doaron á asociación O Faiado da Memoria, reconstrúese a vida dun pobo que xa pouco ten que ver con aquel que se representa. O filme compón e descompón un crebacabezas de vivenzas e espazos que van dos anos 20 aos 80 e que un grupo de persoas de distintas idades, reunidas arredor dun proxector nun hipotético salón dunha casa,  van vendo e comentando as imaxes. 

NOTAS SOBRE OS CESTEIROS DE MONDARIZ

Venres 1 de abril ás 20h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal

2021 | 30′ | Galicia

Fon Cortizo



O filme ofrécenos unha viaxe no tempo a través da memoria colectiva para rescatar do esquecemento unha tradición artesanal que paga a pena manter polo valor sociocultural e a sustentabilidade ambiental que supón. Neste sentido, a tradición que encarna Enrique Táboas, o último cesteiro de Mondariz, establece comunicación coa proposta innovadora de  Idoia Cuesta, unha cesteira contemporánea amplamente recoñecida polo seu traballo creativo.

O ÚLTIMO DE ARGANEO

Venres 1 de abril ás 20h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal

2022 | 30′ | Galicia

David Vázquez



O chantadino David Vázquez trasladouse a León para contar a historia de  Edilberto Rodríguez, un mozo de 24 anos que o deixa todo para ser pastor na terra dos seus avós. Todos os anos sobe a Arganeo, onde reconstrúe os vellos currais abandonados e permanece todo o verán co seu rabaño. O amor polos animais, a natureza, as tradicións… todo o que aprendeu do seu avó e da súa avoa en Silván ( Benuza, León), fai del unha persoa única á súa idade, alguén que garda as costumes dun tempo que xa desapareceu e dunha terra que envellece aos poucos, pero que o fai cunha mirada nova que transmite alegría e esperanza.