MICE Petís

MICE Petís nace coa vontade de crear novas miradas arredor do cinema no público máis novo. Esta parte da programación está dedicada ao público infantil e xuvenil, desde os 2 até os 12 anos.

Mice petís EN LIÑA

OBRADOIRO PRECINE. Creando xoguetes ópticos e zoótropos para nenos e nenas.

Taller en liña dispoñible desde o 25 ao 29 de agosto no Vimeo do Museo do Pobo Galego. Con Espacio Rojo.

CURTAS DE ANIMACIÓN

Dispoñibles do 25 ao 29 de agosto na canle de Youtube do Museo do Pobo Galego.

O saber dos pobos, a súa idiosincrasia, a súa maneira de ser e entender o mundo transmítese de xeración en xeración en forma de historias. O cinema converteuse nunha importante ferramenta non só para a creación de obras senón para a transmisión doutras xa existentes na narración oral ou no texto e que chegan a nós desde a infancia, contribuíndo así a transmisión de mitos e con eles, da identidade dos pobos.

  • ‘XIAO KE DOU ZHAO MA MA’ [‘Onde estás mamá?’], Te Wei, 1960 (a partir de 2 anos). VO.
  • ‘MU DI’ [‘A flauta do neno búfalo’], Te Wei codirixida con Qian Jianjun, 1963 (a partir de 2 anos). VO.
  • ‘YU BANG XIANG ZHENG’ [‘A loita entre a garza e a ameixa’], de Hu Jinquing, 1983 (a partir de 2 anos). VO.
  • ‘CALIPG STORK’ [‘O Califa cigoña’], Lotte Reiniger, unha das pioneiras do cinema de animación, 1929 (a partir de 3 anos). VO.
  • ‘A FRAUTA MÁXICA’, Valeriy Ugarov, 1995 (a partir de 5 anos). VO.
  • ‘LES TROIS INVENTEURS’, Michel Ocelot, 1980 (a partir de 6 anos). VO.

Mice petís PRESENCIAL

MÉRCORES 26 / XOVES 27 DE AGOSTO
Cinema etnográfico para petís
Selección de Marcos Nine

11h30 Museo do Pobo Galego. Aforo limitado e controlado.

Recomendadas a partir de 7 a 12 anos.

As catro curtas destas dúas sesións son películas recentes que interesan dende o punto de vista da etnografía polo coñecemento que achegan do mundo infantil e xuvenil en diferentes culturas (pasando do Nepal a Suecia, entre outras). Estas pezas conectan ademais distintas procedencias nun percorrido de oriente a occidente no que se mostran diversos usos culturais á vez que se traballan valores tan importantes na educación como a igualdade de xénero, a identidade sexual ou a diversidade funcional.

  • Narge’s Voice, de Hadi Rhabar, 2017 (Irán).VOS.
  • Inspiración, de Daniel Parucho 2018 (Venezuela).VOS.
  • Prinsesspojken, de Sosi Chamoun 2016 (Suecia). VOS.
  • To wake – Buddhi, 2017 de Yakima Camille Waner (Nepal).VOS.


Marcos Nine, realizador, productor, guionista y director artístico del festival Cinema Crianza. Comenzó su carrera colaborando en el guión de series de televisión como Mareas Vivas o Terras de Miranda. En 2003 dirige Carcamáns, un documental sobre el impacto de la catástrofe del Prestige en la Ría de Arousa. A esta pieza le seguirán otras muchas como Aarón (Premio Mestre Mateo a la mejor obra experimental en 2009), Manuscritos pompeianos (2010) o Radiografía dun autor de tebeos (2010) con las que participa en más de 60 festivales de todo el mundo. Su primer largometraje La brecha (2012) se estrenó en el Festival de Cine Independente de Buenos Aires (BAFICI).