Filmes premiados na 18 MICE

Unha proposta para levar a MICE alén do espazo e o tempo, que permite o visionado en liña de filmes que pasaron por anteriores edicións da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. 

Os traballos que poderán verse do 20 ao 26 de marzo a través da páxina web son:

Fotograma Al otro lado del mar

AL OTRO LADO DEL MAR

Mellor Filme Galego 18 MICE 

Eloy Domínguez Serén, Samuel Moreno Álvarez

Galicia / Colombia, 2022

90 min. VOS

Correspondencia filmada na que dous cineastas e amigos comparten aspectos das súas vidas e traballos en Galicia e Colombia, sen máis pretensión que a de amosar ao outro un anaco do que os seus ollos ven a cada beira do Océano Atlántico. O resultado é Al otro lado del mar, unha longametraxe documental filmada de maneira espontánea a catro mans e estruturada en seis cartas e un epílogo.

DETACHED

Premio AGANTRO na 19 MICE

Vladimir Krivov

Rusia, 2022

61 min, VOS

“Detached” é un monólogo dun home chukchi e de toda a etnia ao mesmo tempo. É unha historia da súa vida, a Patria, e tamén das cousas que fan que os chukchi se separen das súas raíces. Esta película é unha posible proxección do noso futuro, xa que escollendo as bendicións da civilización corremos o risco de perdernos. Hai algunha maneira de saír da “tormenta”? Parece que os chukchi saben a resposta…

Fotograma Malgrat

MALGRAT

Premio do Público 18 MICE

Santi Teijelo

Galicia, 2023

16 min. VO

Malgrat é un proxecto documental que reflexiona sobre a capacidade dos espazos de albergar recordos. A través de imaxes do pasado gravadas coa vídeo cámara familiar, de imaxes do presente e da confrontación de ambas, componse o relato de Iago e Javi, que fan unha viaxe para despedirse da casa familiar tras o recente falecemento da súa avoa.