Lindes en liña

PALMIRA

Diana Gonçalves

Galicia / Portugal, 2017

30 min. VOSE

Palmira é o encontro entre unha muller centenaria e unha aprendiz de documental que, ao longo dos anos e durante uns días, se reencontran para construír o seu retrato. Que retrato? O de Palmira ou o do documentalista? Sen querer, ambos. A vida pasa lentamente, repetidamente. Un corpo canso pero resistente. Do outro lado da cámara, un intento de atopar ese momento fugaz que nos revela algo máis da vida. Da observación á construción co propio personaxe. Palmira é o retrato de varios encontros así como o testemuño do proceso e evolución dese retrato.

A RAIA

Iván Castiñeiras

Galicia / Portugal, 2012

29 min. VOSE

Na fronteira entre Galicia e Portugal, Pepe e Fernando traballaron xuntos durante 20 anos. Cando a fronteira deixou de existir, nunca máis volveron verse. Como vai ser o seu reencontro?

Fotograma de Trajectory Drift, de Iván Castiñeiras

TRAJECTORY DRIFT

Iván Castiñeiras

Francia, 2018

24 min. VOSE

Nun contedor, entre as caixas de mercadoría, dous homes relatan o seu exilio. As súas historias e os seus infinitos cruces de fronteiras conflúen nun soño común: chegar a Inglaterra.

OU EST LA JUNGLE?

Iván Castiñeiras

Brasil / Francia, 2015

32 min. VO

Dous homes procuran o seu lugar no interior da selva amazónica. Estevenson procura na súa memoria as pesquisas e descubrimentos de toda unha vida. Deolindo tenta preservar o seu modo de vida ancestral. A paisaxe transfórmase a cada instante e presente e pasado confúndense. Cales son os secretos da selva? Cales son as súas fronteiras? 

LU TEMPU DI LI PISCI SPATA

Vittorio De Seta

Italia, 1954

11 min. VOSG

Unha fermosa curta antropolóxica na que De Seta documenta de xeito completo a pesca do peixe espada nas augas entre Sicilia e Calabria. O tipo de captura que rexistrou desapareceu dous anos despois. 

RUÍNAS

Manuel Mozos

Portugal, 2009

60 min. VOSE

Fragmentos de espazos e tempos, restos de épocas e locais onde apenas habitan memorias e fantasmas. Vestixios de cousas sobre as que o tempo, os elementos, a natureza, e a propia acción humana modificaron e modifican. Co tempo, todo deixa de ser, transformándose eventualmente noutra cousa. Lugares que deixarán de ter sentido, de seren necesarios, de estar de moda. Lugares esquecidos, obsoletos, inhóspitos, baleiros. Non interesa aquí explicar porqué foron creados nin porqué existiron, nin as razóns porque se abandonaron ou foron transformados. Apenas se promove unha idea, quizais poética, sobre algo que foi e é parte da(s) historia(s) deste País.

VOICES OF BAM

Aliona van der Horst e
Maasja Ooms

Países Baixos, 2006

90 min. VO

Longametraxe documental sobre o poderoso terremoto que arrasou a antiga cidade de Bam, no sueste de Irán, o 26 de decembro de 2003. O documental parece unha serie de poemas sobre superviventes que se recuperan. Voices of Bam ofrece un retrato completamente diferente do desastre, moito máis sensible que a simple reportaxe, xa que concede á poboación unha enorme dignidade ao tempo que lles dá a oportunidade de expresarse cunha elocuencia sinxela e rara.