Galicia

Fotograma Al otro lado del mar

AL OTRO LADO DEL MAR

Xoves, 16 de marzo, ás 20h no Teatro Principal

[Estrea en Galicia]

2022 I 90 min I Galicia – Colombia

Dirección: Eloy Domínguez Serén; Samuel Moreno Álvarez

Fotografía: Eloy Domínguez Serén; Samuel Moreno Álvarez

Son: Eloy Domínguez Serén; Samuel Moreno Álvarez

Con presentación e coloquio cos directores


Correspondencia filmada na que dous cineastas e amigos comparten aspectos das súas vidas e traballos en Galicia e Colombia, sen máis pretensión que a de amosar ao outro un anaco do que os seus ollos ven a cada beira do Océano Atlántico. O resultado é Al otro lado del mar, unha longametraxe documental filmada de maneira espontánea a catro mans e estruturada en seis cartas e un epílogo.

Tatuado nos ollos levamos o pouso

TATUADO NOS OLLOS LEVAMOS O POUSO

Xoves, 16 de marzo, ás 22h no Teatro Principal

2022 I 25 min I Galicia

Dirección e guión: Diana Toucedo

Fotografía e edición: Diana Toucedo

Son: Oriol Gallart

Música: BFlecha



As mariscadoras dunha vila galega ao Sur de Galicia afánanse cada día de marea por sementar, cavar e coidar o umbral entre a auga do mar e a area. En simbiose,  a conciencia colectiva e os afectos emerxen dos seus corpos, dos seus xestos e das súas palabras.

O mar e a terra son dous espazos a cultivar. Durante milenios, os que as traballaron como campesiños ou mariñeiros deron a súa vida á supervivencia. Unha dedicación que posibilitou a autosubsistencia, pero tamén foi unha dedicación que hoxe supera as garantías económicas ou físicas. Hoxe en día a supervivencia converteuse nunha simbiose relacional, que lles devolve a posibilidade de repensarse co planeta ferido cheo de problemas ambientais que habitan.

Diana Toucedo
Fotograma Malgrat

MALGRAT

Xoves, 16 de marzo, ás 22h no Teatro Principal

2023 I 16 min I Galicia

[Estrea Mundial]

Dirección: Santi Teijelo

Guión: Santi Teijelo

Fotografía e son: Santi Teijelo

Música: Jengibre Matabichos

Edición: Carlos Martínez-Peñalver



Malgrat é un proxecto documental que reflexiona sobre a capacidade dos espazos de albergar recordos. A través de imaxes do pasado gravadas coa vídeo cámara familiar, de imaxes do presente e da confrontación de ambas, componse o relato de Iago e Javi, que fan unha viaxe para despedirse da casa familiar tras o recente falecemento da súa avoa.

A FESTA DO EMIGRANTE

Xoves, 16 de marzo, ás 22h no Teatro Principal

2022 I 32 min I Galicia

Dirección: Sara Traba

Guión: Rebeca Blanco-Rotea

Fotografía e montaxe: Sara Traba

Son: Paco Iglesias

Música: Iago Marta



Na Freguesía do Extremo (Arcos de Valdevez, Portugal), a comunidade convive co seu patrimonio cada día. Os Fortes de Bragandelo e da Pereira, no paso situado entre as Serras da Boalhosa e da Peneda, son os protagonistas, xunto cos habitantes desta zona, coñecida coma o nevoeiro, xa que é moi habitual vela envolta pola néboa.