mice en liña

Unha proposta para levar a MICE alén do espazo e o tempo, que permite o visionado en liña de filmes que pasaron por anteriores edicións da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. 

As obras que poderán verse do 13 o 30 de marzo a través da páxina web son:

A PORTRAIT ON THE SEARCH FOR HAPPINESS

Mellor Filme na 17 MICE

2021 | 73 min | Alemaña

VOSG

Dirección: Benjamin Rost


Un deserto bordeado por un profundo e frío mar. Unha paisaxe desgarrada que esconde os diamantes máis puros da terra nas profundidades. Na fronteira da nova febre dos diamantes en Sudáfrica, os mozos escavan coas súas mans día e noite en busca destes diamantes.

A esperanza chama a  Vianey, antes drogadicto, que anhela unha vida mellor. O soño de Nelson Mandela impulsa ao cociñeiro Patrick, sen fogar, cara a este novo e esperanzador futuro. Só George, o mergullador dos diamantes, que unha vez foi millonario, segue aferrado aos seus recordos dun tempo pasado. Unha viaxe poética polo deserto, o vento e a area.

POUR VOTRE CONFORT ET VOTRE SÉCURITÉ

Premio á excelencia antropolóxica AGANTRO na 17 MICE

2020 | 59 min | Francia I

VOSG

Dirección: Frédéric Mainçon



No Palais de Tokyo, un dos principais centros de arte moderna de París, os axentes de seguridade vixían as obras de arte e cachean e controlan aos visitantes. En que se fixan? Que pensan?

O MOREDO

Sección Galicia na 12 MICE

2016 | 28 min  | Galicia

Dirección: David Vázquez

Guión: David Vázquez e Lorena Gallardo


Un paseo polo pasado, presente e futuro do Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebraba en moitas parroquias da Ribeira Sacra en Chantada (Lugo) que sobreviviu á censura da igrexa na época franquista e que agora resiste só no Moredo (Parroquia de San Ago de Arriba) ó despoboamento rural, grazas ó traballo que fai a Asociación Amigos do Entroido Ribeirao.

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do público na 17 MICE

2021 | 66 min | Galicia

Dirección: Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro

A través de vellas películas que gardaba a veciñanza de Vilagarcía de Arousa e que doaron á asociación O Faiado da Memoria, reconstrúese a vida dun pobo que xa pouco ten que ver con aquel que se representa. O filme compón e descompón un crebacabezas de vivenzas e espazos que van dos anos 20 aos 80 e un grupo de persoas de distintas idades, reunidas arredor dun proxector nun hipotético salón dunha casa, van vendo e comentando as imaxes. 

SELECCIÓN DE FILMES DO PROXECTO

PLANO FRONTAL

Incluído na sección Lindes da 18 MICE

Varias autoras

2021-22 I 70 min I Portugal

Unha selección de curtametraxes englobadas na iniciativa Plano Frontal, unha proposta de Lugar do Real, proxecto de AO NORTE. Associação de Produção e Animação Audiovisual.

As cartas que nunca te escrevi

2018 I 12 min I Portugal

Dirección: Tomás Barão da Cunha

Domus

2019 I 13 min I Portugal

Dirección: Inês Silva

Águas profundas

2017 I 15 min I Portugal

Dirección: Josephine van Grinsven

Ás netas que Deus nos deu

2020 I 28 min I Portugal

Dirección: Filipe Nunes Branco e Inês T. Alves