EXPOSICIÓN E PERFORMANCE

Cómo reparar una grieta

Marta Valverde

A obra da artista Marta Valverde chega ao Museo do Pobo galego da man da 18 MICE. A súa proposta é unha exploración do concepto de rurubanía desde a súa experiencia persoal como persoa nada e criada nun núcleo galego tipicamente rururbano.

Do 17 ao 31 de marzo na Ala Sur do Museo. Poderá visitarse no seguinte horario:

  • De martes a sábado: 16 horas – 20 horas.

Ademais da exposición, haberá tamén unha performance da artista o venres 17 de marzo ás 19h.

Marta Valverde (Nigrán, Pontevedra, 1994) desenvolve o seu traballo no audiovisual e na fotografía a partir da experimentación e hibridación de formas. Interésalle a intimidade, a memoria e a autobiografía. Realiza as súas propias pezas audiovisuais como Resiliencia (2016), El tiempo suspendido (2017), 11-16-2016/5-13-2017 (2017) ou 1 de 80000 (2019) e combínao con outros traballos como VJ en performance e teatro (Mercaderes de Babel dirixida por Carlos Aladro, 2019), axudante de montaxe nas longametraxes María (y los demás) (Nely Reguera, 2016) e Gallo (Antonio Díaz Huerta, 2018) e axudante de dirección en Sendeiro (Lucía Estévez 2018) e Ursúas (Roi Fernández, 2019).