Internacional

Todos os filmes pasaranse con subtitulado para facilitar a súa accesibilidade.

PARAÍSO

Martes 29 de marzo ás 18h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal.

2021 | 22′ | España

Marina Lameiro, Maddi Barber 


Dous homes miden a altura dos piñeiros. Unha muller escoita o que as árbores din. Os nenos e nenas do lugar montan tendas de campaña. Unha nube de puntos dixital revela o bosque. Os piñeiros dixeron que podemos preguntar. Sempre chamaron a ese lugar «o Paraíso». Pronto virán as máquinas.

EL SÍNDROME DE LOS QUIETOS

Martes 29 de marzo ás 18h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal.

[Estrea en Galicia]

2021 | 30′ | España/Colombia

León Siminiani



En 2018, un grupo de cineastas, autodeterminado “os quietos”, embárcase nun ensaio cinematográfico sobre unha hipotética síndrome de quietude na República de Colombia. Para iso, convidan a Luís  Ospina, mestre do documental colombiano, ao candidato presidencial Gustavo  Petro e ao escritor Juan Gabriel Vásquez para que lles dean pistas coas que afondar na historia, a xeografía e a idiosincrasia de Colombia, un país que, paradoxalmente, non é nada inmóbil. Por razóns descoñecidas, o proxecto nunca remata.

POUR VOTRE CONFORT ET VOTRE SÉCURITÉ

Mércores 30 de marzo ás 17h00 no Museo do Pobo

Entradas en vivetix e desde 1 hora antes do comezo da proxección na
recepción do Museo.

[Estrea en España]

2020 | 59’ | Francia I VOSG

Frédéric Mainçon

No Palais de Tokyo, un dos principais centros de arte moderna de París, os axentes de seguridade vixían as obras de arte e cachean e controlan aos visitantes. En que se fixan? Que pensan?

MY PIECE OF THE EARTH

Mércores 30 de marzo ás 18h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal.

[Estrea en España]

2019 | 54’ | Xeorxia IVOSG

Maka Gogaladze

“O colapso da Unión Soviética provocou cambios rápidos e radicais na miña cidade, Tiflis, capital de Xeorxia, aos que seguiu un incendio na miña casa. A desaparición de todos os meus recordos levoume á alienación. Tomando a cámara e percorrendo os restos incendiados da miña casa, os vellos espazos do meu barrio, todo o que se refire á miña infancia e o que sobreviviu, tento reunir os artefactos da miña historia persoal e preservar a miña memoria, que reflicte a memoria emocional colectiva de Xeorxia.“ Maka Gogaladze.

A PORTRAIT ON THE SEARCH FOR HAPPINESS

Mércores 30 de marzo ás 19h00 no Museo do Pobo

Entradas en vivetix e desde 1 hora antes do comezo da proxección na
recepción do Museo.

2021 | 73’ | Alemaña VOSG

Benjamin Rost

Un deserto bordeado por un profundo e frío mar. Unha paisaxe desgarrada que esconde os diamantes máis puros da terra nas profundidades. Na fronteira da nova febre dos diamantes en Sudáfrica, os mozos escavan coas súas mans día e noite en busca destes diamantes. A esperanza chama a  Vianey, antes drogadicto, que anhela unha vida mellor. O soño de Nelson Mandela impulsa ao cociñeiro Patrick, sen fogar, cara a este novo e esperanzador futuro. Só George, o mergullador dos diamantes, que unha vez foi millonario, segue aferrado aos seus recordos dun tempo pasado. Unha viaxe poética polo deserto, o vento e a area.

PEDRA PÀTRIA

Mércores 30 de marzo ás 20h00 en Numax

Entradas en Numax e na billeteira.

2021 | 75’ | España

Maciá Florit

Pedra pàtria (Pedra patria) é unha reflexión  autobiográfica ao redor da identidade menorquina. A partir dunha colección de cartas,  Macià, un cineasta que vive na cidade, escarba a historia persoal e as sublimes paisaxes de Menorca que comparte co seu irmán pequeno, Lau, que decidiu ser campesiño na illa onde naceron.

PRYVOZ. CONTOS DUN MERCADO

Xoxves 31 de marzo ás 18h30 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal.

[Estrea en España]

2021 | 72′ | Ucraína

Eva Neymann 

As circunstancias da vida levarán a Mara, unha muller criolla, a converterse en xitana. A través deste personaxe adentrarémonos na profundidade e na
A película documenta a vida dun dos mercados máis antigos e extensos de Europa, o mercado de Pryvoz en Odesa: a paixón que latexa a ambos os dous lados do mostrador, os soños dos mozos (e non tan mozos) que se ocupan da carga e descarga das mercadorías, as fantasías secretas das vendedoras de peixe. Gardas de seguridade e rexentes de postos de mercadillo comparten as súas reflexións sobre o universo e o sentido da vida. Unha película que combina pasado, presente e futuro, “o peso xusto” dos produtos e xenerosas racións para degustar. Todas as clases sociais están representadas neste mercado de Pryvoz.

CURTAS JORNADAS NOITE ADENTRO

Xoves 31 de marzo ás 19h00 no Museo do Pobo

Entradas en vivetix e desde 1 hora antes do comezo da proxección na
recepción do Museo.

[Estrea en España]

2021 | 106’ | Brasil

Thiago B. Mendonça


Un grupo de músicos  paulistas no seu lado máis cruel e lírico: o mundo dos compositores negros descoñecidos que soñan con pasar a noite e atopar o recoñecemento como artistas. A película segue as curtas horas da noite deste grupo de mozos da samba, que pasan o día traballando en servizos precarios e nas primeiras horas da noite buscan un camiño no mundo da música.

MI BARRIOS ALTOS QUERIDO

Xoves 31 de marzo ás 22h en Numax

Entradas en Numax e na billeteira.

[Estrea en España]

2021 | 79’ | Perú

Jimmy Valdivieso

Cinco historias sobre a dignidade na capital do Perú. Unha dirixente veciñal buscando a quen deixar o posto do seu complexo labor, un guía turístico especializado no patrimonio arquitectónico e a música criolla, un  exdelincuente rescatado pola igrexa evanxélica, unha adolescente bailarina de música  afroperuana obrigada a emigrar e un muralista de Belas Artes fillo de migrantes andinos, tratan de saír adiante en Barrios Altos, a veciñanza histórica máis temida –pero tamén máis querida– de Lima.

ROOM WITHOUT A VIEW

Venres 1 de abril ás 18h00 en Numax

Entradas en Numax e na billeteira.

[Estrea en Galicia]

2020 | 73’ | Alemaña/Austria I VOSE

Roser Corella 

Un relato da terrible realidade das traballadoras domésticas estranxeiras en países de Oriente Medio Oriente Medio, como o Líbano. Ao combinar unha multitude de perspectivas, ofrece unha visión íntima da vida privada das persoas empregadoras, axentes e empregadas domésticas. Desde o marco legal que crea unha estrutura de poder que propicia e os abusos coas empregadas  até a esfera privada da casa onde se reproduce o patriarcado sobre as mulleres libanesas, expóñenese as formas modernas de escravitude, reflexionando sobre o papel das mulleres e o traballo doméstico nas sociedades capitalistas.

DANCERS IN THE VORTEX

Venres 1 de abril ás 22h00 no Teatro Principal

Entradas no despacho de billetes da Zona C e do Teatro Principal.

[Premier]

Presentación do director en streaming.

2021 | 68’ | India I VOSG

Thomas George

Dancers in the vortex repara na vida dos traballadores da atracción denominada “o pozo da morte”. O documental fai un seguimento dos traslados dun lugar a outro, a montaxe do pozo e finalmente a actuación. O filme reflicte a vida cotiá de cada un dos traballadores, os  preparativos e o adestramento antes da actuación e os riscos asociados ao seu traballo.