As seccións a concurso da MICE son: Internacional, co Premio ao Mellor Filme, dotado con 1000 euros, diploma e trofeo; Galicia, co Premio ao Mellor Filme Galego entre os títulos galegos que participan nesta sección. Premio dotado con 800 euros, diploma e trofeo.
Nesta 17ª edición, o xurado da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural outorgará o Premio AGANTRO á profundidade antropolóxica dotado con 500 euros, diploma e trofeo; o Premio CREA outorgado pola Asociación Galega de Profesionais da Realización e a Dirección, dotado con 200 euros e trofeo. E, ademais, a audiencia outorgará, mediante as súas votacións, o Premio do Público.