Os filmes poderán verse dende o 31 de marzo ata o 2 de abril.
NEITI AIKA
Mellor Filme 16 MICE
2020 | 60’ | Finlandia
Elina Talvensaari
Sirkka-Liisa Miettinen foi unha muller que morreu soa aos 98 anos. A directora Elina Talvensaari mercou o seu apartamento con todo o que posuía, desde libros até fotografías. Non había ninguén, nin parentes nin amigos, que viñesen buscalos e Elina non quería tirar estas posesións. Significaría erradicar os últimos sinais da vida de Sirkka-Liisa. Elina decidiu lembrar á muller.
DENDE QUE CHEGOU A LUZ
Premio do Público na 15 MICE
2019 | 30’ | Galicia
Santiago Teijelo Vázquez
Na súa humilde cociña, Carmen cóntanos historias que tratan sobre a súa cultura e a súa sociedade infestadas de costume, folclore e supersticións. Mentres, o resto da familia continúa coa matanza do porco, unha tradición destinada a desaparecer, que vertebrou a sociedade da Galicia rural até principios do século XXI.
A MIÑA TERRA
Mellor Filme Galego 16 MICE
2020 | 27’ | Galicia
Santiago D. Risco
Na familia do director quedaron uns terreos en herdanza, pero ninguén sabe onde están a maioría deles. Son pequenos e están espallados no medio do monte. O director e o seu pai emprenden unha busca para atopalos. As liñas marcadas nos mapas pérdense ao buscar divisións na terra. Desaparecen. O que atopan en realidade son as cicatrices dunha forma de vida e sociedade nos seus últimos momentos.
GUANZHOU. UNA NUEVA ERA
Premio Agantro 15 MICE
2019 | 71′ | Francia
Boris Svartzman
En 2008, as autoridades locais desafiuzaron 2,000 veciños de Guanzhou, unha illa de río ao sur de China, para facer sitio para novos proxectos de ordenación urbanos. A pesar da demolición das súas casas e a presión policial, un puñado de habitantes regresa á illa. Durante sete anos, Boris filmou a súa batalla para a súa terra ancestral terra, desde as ruínas da aldea onde a natureza se reafirma aos poucos ata as obras, da mega cidade que inexorablemente avanza cara eles.
RESEARCH / SOUVENIR (DIALOGUES)
Mención Especial do Xurado na 15 MICE
2018 | 19 minutos | Sudáfrica – Cimbabue
Roger Horn
O filme utiliza metraxe atopado de Rodesia (Cimbabue) e audios dunha investigación etnográfica entre mulleres emigrantes cimbabuesas en Cidade do Cabo. A primeira parte, Research, revela os pensamentos persoais e os desafíos afrontados polo cineasta no traballo de campo. A segunda parte, Souvenir (Dialogues), ofrece ás participantes nas investigacións a oportunidade de cuestionar ao realizador sobre a súa elección de lembranzas, proporcionando un contexto político e económico ao éxodo actual de cimbabueses que leva á caída do presidente Robert Mugabe en novembro de 2017.