Sección oficial Presencial

SKATEPARK

MÉRCORES 7 DE ABRIL ÁS 17H00 NO MUSEO DO POBO

[ESTREA EN ESPAÑA]

2019 | 86′ | Estados Unidos

Dirección: Jonatan Lyrefelt e Kim Ekberg
Producción: Philip Gorny


Este filme supón un achegamento á comunidade de skaters que practican este deporte no coñecido parque de Lake Forest, California. Este filme, gravado durante o período dun mes, retrata un dos espazos máis grandes para practicar este deporte nos Estados Unidos e todo o movemento a el unido. 

DE LOS NOMBRES DE LAS CABRAS

MÉRCORES 7 DE ABRIL ÁS 19H00 NO MUSEO DO POBO

2019 | 62′ | España

Dirección: Miguel G. Morales, Silvia Navarro
Guión: Miguel G. Morales, Silvia Navarro, Ivó Vinuesa
Montaje: Ivó Vinuesa
Música: Juan Carlos Blancas
Coproductor: Miguel G. Morales



Inmerso nos mitos coloniais un arqueólogo recorre as últimas casas cova interrogando a vellos pastores para atopar os restos dos antigos aborixes que habitaban eses lugares. A experiencia arqueolóxica vai desvelando o complexo mapa de poder que constrúe o discurso histórico. 

Detalle: O documental conta con imaxes datadas entre 1920 e 1970 procedentes de diversos arquivos. Pasou por festivais internacionais como o FIC Xixón e levou o Gran Premio Cidade de Lisboa á mellor longametraxe no marco do Festival Internacional de Cine Indie Lisboa (2019). En 2019 tamén se fixo co premio Latexos de exhibición no Novos Cinemas.

ENTRE PASTORES E LOBOS

MÉRCORES 7 DE ABRIL ÁS 20H00 NO TEATRO PRINCIPAL

[ESTREA EN GALICIA]

2020 | 63’ | Galicia
Dirección: Manuel Pedrosa
Guión: Manuel Pedrosa, Pedro Alonso e Mariam Mariño
Productora: IBIS Naturaleza e Imagen


No noroeste da península ibérica vive unha das maiores poboacións de lobos de Europa. Pedro Alonso é un biólogo experto no estudo do lobo ibérico. Leva máis de 30 anos tras a súa pegada intentando comprendelos, acumulando as súas costas miles de quilómetros percorridos por camiños e pistas dos montes de Galicia. Unha historia real entre pastores e lobos. Un recorrido polas memorias para achegarnos á natureza salvaxe e asomarnos á complexidade dos ciclos naturais das montañas. 

Detalle: Esta película tivo a súa premiere na 27 edición do Suncine Environmental Film Festival de Barcelona en novembro de 2020. Alí este documental, que se rodou durante cinco ano no Macizo Central, levou dous galardóns ao premio do público e premio Cine Sostíbel. 

NEITI AIKA

XOVES 8 DE ABRIL ÁS 17H00 NO MUSEO DO POBO

[ESTREA EN ESPAÑA]

[LADY TIME]
2020 | 60’ | Finlandia
Dirección: Elina Talvensaari
Producción: Emilia Haukka e Jussi Rantamäki para Aamu Filmcompany.

Sirkka-Liisa Miettinen foi unha muller que morreu soa aos 98 anos. A directora Elina Talvensaari mercou o seu apartamento con todo o que posuía, desde libros até fotografías. Non había ninguén, nin parentes nin amigos, que viñesen buscalos e Elina non quería tirar estas posesións. Significaría erradicar os últimos sinais da vida de Sirkka-Liisa. Elina decidiu lembrar á muller.

Detalle: Premio no Tampere Film Festival, pasou polo IDFA – International Documentary Film Festival in Amsterdam e o Thessaloniki Documentary Festival.

VIAGEM AOS MAKONDE

XOVES 8 DE ABRIL ÁS 19H00 NO MUSEO DO POBO

[ESTREA EN GALICIA]

2019 | 55’ | Portugal – Mozambique
Dirección e guión: Catarina Alves Costa
Dirección fotografía: Joao Ribeiro
Montaxe: Pedro Duarte
Son: Gabriel Mondlene
Productora: Midas Filmes

Unha viaxe da realizadora a Mozambique, levando con ela os filmes e as
fotografías de Margot Dias, unha etnóloga que filmou entre 1958 e 1961 no Norte do
país, entre os Makonde, mestres de arte e escultura africana. O filme vai ao encontro
dos Makonde de hoxe, urbanos, devolvéndolles estas imaxes e a súa propia historia e
revelando un país con tradicións enraizadas.

Detalle: Esta película pasou polo Festival de Filme Etnográfico Recife (Brasil) recollendo os premio ao mellor documental.

LA FÔRET

XOVES 8 DE ABRIL ÁS 19H00 NO MUSEO DO POBO

[ESTREA EN ESPAÑA]

2020 | 16’ | Francia – Marrocos
Dirección: Mortada Ouahib e Lo Thivolle
Produtor: Lo Thivolle

En Oujda, hai un bosque poboado por migrantes no que tentan atoparse, na escuridade da noite.

Detalle: Esta peza recibiu un premio ex aequo no Festival des Cinémas Différents et Expérimentaux de París no pasado 2020.

COMO EL VIENTO

VENRES 9 DE ABRIL ÁS 17H00 NO MUSEO DO POBO

[ESTREA EN ESPAÑA]

2020 | 65′ | Arxentina
Dirección e guión: Raquel Ruiz
Montaxe: Andres Tambiornino e Oscar Aguerre
Son: Ramiro Agüero
Productora: Talismán Films

As circunstancias da vida levarán a Mara, unha muller criolla, a converterse en xitana. A través deste personaxe adentrarémonos na profundidade e na
cotidianidade desta comunidade. Verémolos contar en primeira persona fragmentos da
súa vida, os seus costumes e a contradición que se xera día a día entre os vellos xitanos e as novas xeracións.

Detalle: A directora desta película, antropóloga de profesión, achégase en Como el viento, á comunidade xitana. Pasou pola sección oficial do Rolling Film Festival de
Kosovo en 2021.

A MIÑA TERRA

VENRES 9 DE ABRIL ÁS 17H30 EN NUMAX

2020 | 27’ | Galicia
Dirección, guión, producción e edición: Santiago D. Risco
Son: Hamid E. Martín
Produtora: Colibri Studio

Na familia do director quedaron uns terreos en herdanza, pero ninguén sabe onde están a maioría deles. Son pequenos e están espallados no medio do monte. O director e o seu pai emprenden unha busca para atopalos. As liñas marcadas nos mapas pérdense ao buscar divisións na terra. Desaparecen. O que atopan en realidade son as cicatrices dunha forma de vida e sociedade nos seus últimos momentos.

Detalle: O director desta peza, Santiago D. Risco, estudou cine documental en Barcelona, cidade onde vive actualmente. En 2014 co-dirixiu Playing Somewhere Over the Rainbow, que se estreou no Festival Visions du Réel, entre outros festivais. Forma parte do colectivo de cine analóxico Laboratorio
Reversible.

NOTAS SOBRE A HABITABILIDADE EN A BARCA

VENRES 9 DE ABRIL ÁS 17H30 EN NUMAX

2019 | 17′ | Galicia
Dirección: colectivo Semente (por Alfredo Ruiz, Andrés Fernández, Pablo Paloma,
Paloma Hernández e Patxi Burillo)
Rexistro e montaxe: Pablo Paloma
Son directo: Andrés Fernández
Producción: Paloma Hernández

As imaxes graváronse durante uns días nos arredores de A Barca, un
pobo abandonado do sur de Galicia. A través do acto cinematográfico a película mostra
a nosa forma de habitar un espazo no medio rural galego.

Detalle: Notas sobre a habitabilidade en A Barca é unha película rematada, pero que seguirá facéndose por moito tempo e que forma parte dunha investigación de campo máis ampla. Todos os participantes do colectivo saen da Elías Querejeta Zine Eskola.

HOSTAL ESPAÑA

VENRES 9 DE ABRIL ÁS 19H00 NO MUSEO DO POBO

[ESTREA EN GALICIA]

2020 | 60’ | España
Dirección: Chus Domínguez, Inma Álvarez e traballadoras e residentes do Hostal
España.

Todos os cuartos do Hostal España, un modesto e céntrico establecemento
situado na cidade de León, están ocupadas por persoas maiores, moitas delas procedentes do abandonado entorno rural.

Detalle: Esta película estreouse o pasado mes de setembro de 2020 na 52ª edición de Alcances, o Festival de Cine Documental de Cádiz, onde foi recoñecida coa Mención Especial do Xurado.

A POETA ANALFABETA

XOVES 8 DE ABRIL ÁS 20H00 NO TEATRO PRINCIPAL

2020 | 71’ | Galicia
Dirección e guión: Sonia Méndez
Fotografía: Lucía C. Pan
Edición: Víctor H. Seoane
Produción executiva: Nati Juncal Portas
Produción: Cósmica Producións

A poeta analfabeta é un filme documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 89 anos Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roxa. Luz é unha muller brava, unha persoa fondamente política e un ser cunha humanidade excepcional. Como entende o mundo esta poeta que a pesar do tremor das mans escribe todos os días? Que a move a tal esforzo? Que a mantén viva?

Detalle: Deste documental puidose ver un avance no festival Play-Doc de Tui e tivo a súa estrea durante Cineuropa en Santiago de Compostela. Esta será a terceira vez que se poderá ver na cidade A poeta analfabeta.