A Sección Oficial a concurso da MICE recolle por un lado, a sección competitiva internacional que optará ao Premio á Mellor Película Etnográfica dotado con 1000 euros, diploma e trofeo. E, por outro, a sección competitiva de cinema galego, que opta ao Premio á Mellor Película Galega entre os filmes galegos que participan nesta sección dotado con 800 euros, diploma e trofeo.
Nesta 16ª edición, o xurado da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural outorgará o Premio AGANTRO á profundidade antropolóxica dotado con 500 euros, diploma e trofeo. Por outra banda, nesta nova edición créase un novo galardón, o premio CREA outorgado pola Asociación Galega de Profesionais da Realización e a Dirección, dotado con 200 euros e trofeo. Ademais, os espectadores outorgarán mediante as súas votacións o Premio do Público.