Negro púrpura
82 minutos / 2021 / Galicia
[Pre-estrea en Galicia]
Traballo de campo, guión e dirección: Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva
Produción: Illa Bufarda
Dirección na rodaxe: Sabela Iglesias
Operadoras de cámaras: Pilar Abades e Sabela Iglesias
Son directo: Adriana P. Villanueva
Montaxe: Sabela Iglesias
Asistentes de montaxe: Pilar Abades e Adriana P. Villanueva
Posprodución de son: Marco Maril
Etalonaxe e efectos especiales: Adriana P. Villanueva
Composición musical: Paulo Pascual
Deseño gráfico: Pilar Abades
Montaxe do tráiler: Pilar Abades
Composición musical: Paulo Pascual
Distribuidora: Begin Again Films
Argumento: Negro Púrpura retrata a Galiza do s.XX a través do cláviceps purpúrea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.
Detalle: Este documental viaxa no tempo para contar a historia deste fungo que ten tanto de fascinante coma de real e que acontece na dualidade de mundos contrapostos: a vida e a morte, a sabedoría popular e a ciencia, a economía de subsistencia e a industria internacional, a relixión e a psicodelia… A través de testemuñas experienciais abriremos a porta a un mundo que sinala no centro do mapa a Galicia, onde recolectores e recolectoras, feirantes, parteiras, científicos, empresarios, labregos e labregas…relatan en conxunto unha historia que deixa o regusto amargo do pan de centeo, do pan con fariñas sen refinar da que aínda non somos de todo conscientes.