[Work in progress]
42 minutos / 2021 / Galicia
Artista plástico: Vicente Vázquez
Entrada gratuíta previa retirada en Vivetix.
Argumento: Esta mediometraxe componse de imaxes rexistradas co teléfono móbil do director na rede de suministro de persoas máis grande do mundo, o metro de Nova York. Concretamente, estas imaxes foron gravadas a semana do ‘black friday’, no interior dos vagóns das liñas 3, 4 e 7.
Nesta sesión, o artista Vicente Vázquez manterá un diálogo audiovisual entre a primeira montaxe da peza e a cantidade de materiais heteroxéneos (vídeos, fotografías, textos…) que manexa de cara a formalización final. O realizador falará e contextualizará este traballo, ao mesmo tempo, que se apoia en descartes de imaxes e audios que está elaborado xunto ao artista Miguel Prado Casanova.
Vicente Vázquez
Formado como artista visual, Vicente Vázquez traballa dende o 2001 de forma conxunta e individualmente baixo diferentes denominacións. A súa obra está relacionada co ámbito das artes visuais, o cine, a danza contemporánea e a performance. Como expansión da súa práctica colaborativa en 2013 xunto a Usue Arrieta, Marc Vives e Ainara Elgoibar (ao que se une posteriormente Nader Koochaki) pon en marcha Tractora Coop., unha cooperativa de artistas con sede Bizkaia que se constitúe para formalizar e servir de soporte dos proxectos artísticos dos e das súas socias así como de producir outros de terceiros cos que os membros da cooperativa comparten intereses, afectos e inquietudes. En novembro de 2016 o Anthology Film Archive programa unha sesión de traballos audiovisuais do realizador e de Useu Arrieta co-producidos por Tractora. En 2018, dentro do seo de Tractora, nace a editorial –zko coa finalidade de sacar á luz e distribuír traballos que se desenvolven entre a arte e outras disciplinas do coñecemento. En paralelo ao nacemento da editorial, comeza un período de documentación arredor da vida e dos traballos do artista neozelandés Darcy Lange, investigación que logo formaría parte da exposición Landa Lan. A Documentation of Darcy Lange en Tabakalera, o centro internacional de cultura contemporánea de Donosti. En xaneiro de 2020, inaugurou a exposición “De lo cierto a lo pintado” na Galería Nordés en Santiago de Compostela.
*Panorama a escala da cidade de N.Y. Queens Museum, Flushing Meadows Corona Park. Material de traballo Do not lean on door.