Family Film Project

https://tv.festhome.com/festivaltv/mostra-internacional-de-cinema-etnografico-museo-do-pobo-galego

A CASA DE VIDRO

A casa de vidro
23′ | Portugal | 2018 
Dirección: Filipe Martins

Carlos é unha persoa sen fogar enganchado ao crack e a heroína. Vive dentro dun escaparate de automóbiles abandonado no paseo marítimo do Douro. Nesta pequena casa de vidro é onde pasa a maior parte do seu tempo. Cando non está alí, a súa vida cotiá divídese entre o barrio do Aleixo e un aparcadoiro dun supermercado, onde pide esmola para sustentar a súa adicción.
Detalle: Esta curtametraxe foi distinguida co premio Voices Short no International Film Festival de Rotterdam (IFFR) en 2019 e pasou por festivais de curtometraxes como o Clermont-Ferrand.

ARMINDO E A CÂMARA ESCURA

Armindo e a câmara escura
20′ | Portugal | 2017
Dirección: Tânia Dinis

Armindo Carvalho, avó da directora, natural de Vila Nova de Famalicão, dedicou toda a súa vida á fotografía. En 1969 obtivo a súa certificación profesional. Rexistrou e gravou a súa e outras familia, percorreu varias cidades e aldeas da zona de Braga, Famalicão e Guimarães, entre outras, rexistrando e gravando eventos e múltiples cerimonias. Armindo e a Câmara Escura revisita as súas memorias familiares a través das imaxes.

O MAR ENROLA NA AREIA

O mar enrola na areia
15′ | Portugal | 2019
Dirección: Catarina Mourão

“O Homem do apito” [“O home que silbaba”] foi un personaxe que vagaba polas praias portuguesas durante os anos do fascismo en Portugal. A súa historia ten tantas versións diferentes que case é un mito: un tolo, un home que perdeu a súa filla, un sen teito profesional que vivía da caridade das familias de veraneantes…De barbas brancas e chifre ao pescozo atraía as crianzas co seu son para contarlles historias. A partir de varias películas familiares, Catarina Mourão constrúe un retrato ficticio desta misteriosa figura, a través da que explora o espazo sensorial da praia. 

TAPE LETTERS FROM THE WAITING ROOM

Tape letters from the waiting room
18′ | Reino Unido | 2020
Dirección: Steven McInerney

Un drama existencial que explora os temas universais da morte e do renacemento. Tape Letters from the Waiting Room é unha peza experimental de arqueoloxía do cinema e da memoria magnética, unha incursión en experiencias pasadas. Oscilando entre o mundano e o metafísico, o filme está composto de metraxe atopado en 16mm no século pasado. Unha banda sonora orixinal de Mark Vernon abrangue unha rica colección de gravacións domésticas, gravacións de cartas, notas dictadas e outras voces perdidas.

CALLING UKRAINE

Calling Ukraine
12′ | Países Baixos (Holanda) | 2015 
Dirección: Jean Counet

Unha familia do leste de Ucraína revela o seu día a día, os seus soños e os seus medos nunha chamada vía Skype, mentres as bombas caen ao fondo.
Detalle: Jean Counet traballa nunha serie de filmes realizados por Skype nos que grava conversas de persoas de Ucraína chamando aos seus parentes que viven na zona de guerra no leste do país. Estas pezas céntranse en contar a súa vida diaria e darlles voz mentres a maioría dos medios de comunicación se centran en cuestións xeopolíticas.