Xoves 25 de marzo ás 17h30 no Museo do Pobo Galego
Encontro arredor da mostra ONS SOA
Conversa entre a comisaria da exposición, Paula Ballesteros-Arias, o director do filme Ons Alfonso Zarauza e o vixilante de recursos naturais do Parque Nacional das Illas Atlánticas Roberto Castiñeira Lavadores, moderados pola directora da MICE, Ana Estévez. O único arquipélago que fica habitado das Illas Atlánticas centrará un coloquio que aboradará a illa desde desde o cinema, a literatura e a educación medioambiental.
A continuación, ás 19h30, proxectarase a película Ons, de Alfonso Zarauza, no auditorio do Museo do Pobo. Para este pase haberá que retirar entradas, que serán gratuítas, a través da plataforma Vivetix.
EN DIRECTO https://www.youtube.com/c/MuseodoPoboGalego
Sábado 10 de abril ás 12h00 no Claustro do Museo do Pobo
O que significa recitar
Recital con Luz Pichel, O Leo e Celso Fernández Sanmartín
Este recital conecta coa temática de Trazas, a sección programada en colaboración co Cineclube de Compostela, que nesta edición xira arredor da lingua, e máis concretamente, das situacións nas que, por unha ou outra razón –de clase, de xénero, de sentimento nacional, familiares…– se fai máis evidente que non significa o mesmo falar dun xeito que doutro. Este recital reunirá no Claustro do Museo do Pobo Galego Luz Pichel, O Leo e a Celso F. Sanmartín, poetas que nos seus traballos e dende perspectivas moi distintas fan uso de formas ‘non regradas’ da lingua e que compoñen os seus poemas coa fala como forma de subversión lingüística. A través dos seus poemas, e tamén das súas reflexións, os participantes achegarán ideas arredor do significado das súas escollas e da construción da súa propia fala poética.
Luz Pichel. Nada en Alén (Pontevedra) en 1947. Filóloga, catedrática de Lingua e Literatura española e poeta. É autora de libros como Casa pechada, Cativa en su lughar, Tra(n)shumancias e CO CO CO U, un poemario escrito na variante dialectal da súa aldea.
O Leo. Nado en Matamá (Vigo) en 1974. É cantautor, filólogo e poeta. No 2007 publicou o seu libro de poesía Hai cu (Xerais) baseado nos contidos do seu blog homónimo. Nese mesmo ano presentou a obra cun ‘Espectáculo Multimedia’, onde os poemas se intercalaban con monólogos humorísticos. Ademais do seu proxecto musical en solitario, formou parte de grupos como Labregos do tempo dos Sputniks ou Das Kapital. Celso Fernández Sanmartín. Nado en Lalín no barrio da Cacharela en 1969. Estudou a Licenciatura de Filosofía en Santiago de Compostela e participa en diversas asociacións como Foro Para Cultivos Culturais. É colleitador e contador de contos e historias de vida de tradición oral e poeta. O seu último libro saíu en 2018, A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez na editorial Apiario.
A comunicación de eventos cinematográficos en Galicia
Venres 9 de abril ás 16h30 no Museo do Pobo Galego
Mesa Proxecta. Coordinadora galega de festivais de cinema e CREA
Promocionar os eventos en torno ao cinema, trátese de festivais ou de filmes, é unha tarefa que recae fundamentalmente nos e nas profesionais da comunicación. O seu perfil, as tarefas desenvolvidas, a relación cos medios especializados, e as condicións nas que desenvolven os seus traballos son os temas que desenvolveremos nesta mesa.
Moderador
Xoán Escudero, cineasta. Comezou no mundo do cinema e o audiovisual como técnico de son para pasar a traballar na parte creativa cos seus propios proxectos.
Participantes
Andrea Villa ten sido a responsable de comunicación en varios festivais de cinema, entre outros, Novos Cinemas, Carballo Interplay, S8 ou Curtociruíto levando prensa, RRSS e desenvolvemento de contidos online. Ademais, tamén integra o equipo de comunicación do filme Ons de Alfonso Zarauza ou Nación de Margarita Ledo.
María Yáñez: xornalista, editora, guionista e directora da revista dixital Vinte. Tamén é a responsable da comunicación dos filmes Ons de Alfonso Zarauza ou Eroski Paraiso e traballou en Screenly, plataforma de eventos de cinema en salas baixo demanda.
Jesús Silva é xornalista e crítico cinematográfico. Actualmente dirixe a revista A Cuarta Parede.
EN DIRECTO EN https://www.youtube.com/c/MuseodoPoboGalego