Sección oficial presencial


DENDE QUE CHEGOU A LUZ

MARTES 25 20h00

Sala NUMAX

2019 | 30’ | Galicia
Dirección e guión: Santiago Teijelo Vázquez

Na súa humilde cociña, Carmen cóntanos historias que tratan sobre a súa cultura e a súa sociedade infestadas de costume, folclore e supersticións. Mentres, o resto da familia continúa coa matanza do porco, unha tradición destinada a desaparecer, que vertebrou a sociedade da Galicia rural até principios do século XXI.

EN LA BOCA DE LA MINA

MARTES 25 20h00

Sala NUMAX

2019 | 22’ | Galicia-Cuba
Dirección e guión: Brandán Cerviño


A través dos habitantes de El Cobre, unha antiga cidade mineira cubana, coñecemos a celebración da tradición “cimarrona” e o recordo das primeiras sublevacións de escravos. Agora a primeira mina de América Latina está pechada e os seus habitantes viven da venda de esculturas relixiosas.


HAMADA

XOVES 27 20h00

Teatro Principal

2018 | 89′ | Suecia -Noruega – Alemaña
Dirección e guión: Eloy Domínguez Serén

Con vitalidade e humor, Hamada, que volve aos festivais galegos despois de recorrer medio mundo, debuxa un retrato insólito dun grupo de rapaces que viven nun campamento de refuxiados no medio do pedregoso deserto do Sáhara.

Detalle: Hamada foi premio á Mellor Película española na 56ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixón. No Festival Cinéma du Réel Hamada foi recoñecida co premio á Mellor Primeira Película e co Premio do Xurado Novo.

EU TAMÉN NECESITO AMAR

VENRES 28 20h00

Teatro Principal

2019 | 70’ | Galicia
Dirección e guionista: Antón Caeiro

Historias de como un estado ditatorial se introduciu dentro dos corpos daquelas mulleres que naceron arredor da Guerra Civil española. Nace a partir da foto do día da voda dos pais do realizador o 25 de abril de 1959. Eu tamén necesito amar, é o relato vital, físico e íntimo da súa nai e doutras moitas outras mulleres no seo dunha sociedade que acababa de entrar nunha ditadura que duraría 41 anos e que facían delas unhas invisibles.