MICE Petís nace coa vontade de crear novas miradas arredor do cinema no público máis novo. Esta parte da programación está dedicada a público infantil e xuvenil, dende os 2 ata os 12 anos.
MICE PETÍS EN LIÑA
Taller Pre-Cine: como facer un zoótropo e un taumatropo?
Creando xoguetes ópticos e zoótropos para nenos e nenas. Taller en liña dispoñible desde o 25 ao 29 de agosto no Vimeo do Museo do Pobo Galego. Con Espacio Rojo.
CURTAS DE ANIMACIÓN
O saber dos pobos, a súa idiosincrasia, a súa maneira de ser e entender o mundo transmítese de xeración en xeración en forma de historias. O cinema converteuse nunha importante ferramenta non só para a a creación de obras senón para a transmisión doutras xa existentes na narración oral ou no texto e que chegan a nós desde a infancia, contribuíndo así á transmisión de mitos e con eles, a identidade dos pobos.
- ‘XIAO KE DOU ZHAO MA MA’ [‘Onde estás mamá?’], Te Wei, 1960 (a partir de 2 anos). VO.
- ‘MU DI’ [‘A frauta do neno búfalo’], Te Wei codirixida con Qian Jianjun, 1963 (a partir de 2 anos). VO.
- ‘YU BANG XIANG ZHENG’ [‘A loita entre a garza e a ameixa’], de Hu Jinquing, 1983 (a partir de 2 anos). VO.
- ‘CALIPG STORK’ [‘El Califa cigueña’], Lotte Reiniger, 1929 (a partir de 3 anos). VO.
- ‘A FRAUTA MÁXICA’, Valeriy Ugarov, 1995 (a partir de 5 anos). VO.
- ‘LES TROIS INVENTEURS’, [‘Os tres inventores’] Michel Ocelot, 1980 (a partir de 6 anos). VO.
MICE PETÍS PRESENCIAL
MÉRCOLES 26 / XOVES 27 DE AGOSTO
Cinema etnográfico para pequenos e pequenas
Selección de curtas programada por Marcos Nine
11h30 Museo do Pobo Galego. Aforo limitado e controlado.
Entradas en Vivetix.
Recomendado a partir de 7 a 12 anos.
As curtas destas sesións son películas recentes que interesan desde o punto de vista da etnografía polo coñecemento que achegan do mundo infantil e xuvenil en diferentes culturas. Estas pezas conectan ademais distintas procedencias nun percorrido de oriente a occidente no que se mostran diversos usos culturais á vez que se traballan valores tan importantes na educación como a igualdade de xénero, a identidade sexual ou a diversidade funcional.
- Narge’s Voice, de Hadi Rhabar, 2017 (Irán). VOS.
- Inspiración, de Daniel Parucho 2018 (Venezuela). 10′ VOS.
- Prinsesspojken, de Sosi Chamoun 2016 (Suecia). 9′ VOS.
- Rammat-Gammat, de Ajitpal Singh 2018 (India). 18′ VOS.
Marcos Nine, realizador, productor, guionista e director artístico do festival Cinema Crianza. Comenzou a súa su carreira colaborando no guión de series de televisión como Mareas Vivas ou Terras de Miranda. En 2003 dirixe Carcamáns, un documental sobre o impacto da catástrofe do Prestige na Ría de Arousa. A esta peza seguiranlle outras moitas como Aarón (Premio Mestre Mateo á mellor obra experimental en 2009), Manuscritos pompeianos (2010) ou Radiografía dun autor de tebeos (2010) coas que participa en máis de 60 festivais de todo o mundo. A súa primeira longamentraxe La brecha (2012) estreouse no Festival de Cine Independente de Bos Aires (BAFICI).