CATRO FILMES GALEGOS COMPITEN NA SECCIÓN INTERNACIONAL DA 20 MICE

Santiago, a 14 de marzo de 2025.- A estrea de Resonancias, da cineasta e investigadora Diana Gonçalves inaugura nesta vixésima edición da MICE a sección oficial a concurso dedicada ao cinema galego. Hoxe, ás 20:30 horas, o Teatro Principal acollerá a proxección desta peza que parte dun interrogante: como facer para que un lugar non che resulte estraño nin indiferente? Con esa premisa, a directora achégase a San Sadurniño buscando elementos familiares para superar a súa sensación de estrañamento, un fío do que tirar. O filme convértese nunha exploración do universo compartido e descoñecido da Lusofonía nunha aldea allea realizada por unha cineasta da fronteira separada en ese momento 220 km da súa patria da infancia.

Fotograma de Resonancias, de Diana Gonçalves.

Seguidamente, tamén no Principal proxectarase o filme Aurora, de Area Erina. Un documental rodado ao longo de máis de dez anos, no que dúas mulleres achegadas de mundos totalmente diferentes e cunha gran diferencia de idade entre elas, Aurora e Area, traban una forte relación de intimidade, confianza e conversacións profundas ligadas á morte, a familia, a guerra e as mulleres.

Fotograma de Aurora, de Area Erina.

Outros dous filmes con selo galego participan na sección oficial desta 20 MICE: Memoria de Soutelo, de Xoán Bregua, e Corre o vento, de Paula Fuentes e Guillermo Cabrera, que poderán verse o sábado a partir das 20:30 horas tamén no Teatro Principal. Na primeira peza, Candela volve a Soutelo de Montes para afondar no retrato fotográfico da vila feito por Virxilio Viéitez a medidados do século XX; mentres que a obra de Xoán Bregua condúcenos até a Vila do Courel, unha pequena aldea que leva décadas resistíndose á desaparición. 

Fotograma de Corre o vento, de Paula Fuentes e Guillermo Cabrera
Fotograma de Memoria de Soutelo, de Xoán Bregua

As catro producións galegas, que serán accesibles para persoas xordas, competirán polo Premio AGANTRO á excelencia antropolóxica xunto con outras 9 obras de diferentes nacionalidades. 

Novas cineastas, etnografía e perspectiva de xénero

No capítulo da 20 MICE máis orientado ao público profesional, este venres, 14 de marzo, ás 16:30 horas, terá lugar na Ala Sur do Museo unha mesa redonda conducida pola antropóloga Bibiana Martínez para afondar na etnografía realizada por novas cineastas e con perspectiva de xénero. A cita, de acceso libre, contará coa participación de Adriana P. Villanueva e Sabela Iglesias, integrantes de Illa Bufarda; Mirian Opazo, artista visual que investiga e explora a través do audiovisual temas como a tradición, o rural ou a memoria; e Laura Piñeiro, cuxo traballo se focaliza no cinema independente galego. 

Ademais, nesta terceira xornada da MICE continuarán as proxeccións para escolares, na MICE Petís; e dos filmes incluídos nas seccións Internacional, Trazas e Impropias, esta última coa presenza da cineasta letoa Laila Pakalnina. 

Laila Pakalnina na 20 MICE Museo do Pobo Galego @Coral Piñeiro

MICE en liña

Ademais, até este domingo, 16 de marzo, está dispoñible a MICE en liña, para visionado online dos filmes premiados na anterior edición da Mostra: Taxibol, de Tommaso Santambrogio, Mellor Filme na 19 MICE; Flotacija, de Eluned Zoe Aiano, Alesandra Tatić, Mención especial; e Habitar, de Anxos Fazáns, Mellor Filme Galego na 19 MICE.

Sedes do festival e información práctica

O Museo do Pobo Galego, o Teatro Principal e NUMAX abeiran as proxeccións e actividades desta edición, con entrada gratuíta. 

Resumo da programación da 20 MICE para este venres, 14 de marzo: