5 de decembro de 2023.- Dende mañá, 6 de decembro, ata o 10 de xaneiro estará aberto o prazo de admisión de películas que queiran parte da sección oficial da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que celebrará a súa 19ª edición do 20 ao 26 de marzo de 2024. O festival conta con catro premios aos que optan todos os filmes seleccionados e un premio específico para as películas galegas.
O tema elixido para esta 19 MICE é “pensar o político desde unha abordaxe etnográfica”. Segundo a organización ponse o foco na riqueza que a ollada etnográfica pode achegar á análise política, nunha forma de aproximación ás categorías e prácticas do mundo social: entender os contextos nos que se dan os acontecementos analizados; vinculalos co educativo, co económico ou co relixioso; a dimesión cotiá na política, é dicir, os espazos onde se vive e se crean as sinificacións ao redor do político e nos que se tecen prácticas e relacións; os vínculos e a súa deriva entre suxeitos e estado; os rituais do político ou o poder simbólico da política.
O rexistro de filmes pode realizarse a través das plataformas Clickforfestivals, Festhome e Filmfreeway.
Accede aquí ás bases completas: