PROXECCIÓNS PRESENCIAIS PARA CENTROS EDUCATIVOS
MICE Petís é a sala de proxección da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego dedicada ao público escolar de Primaria, Secundaria e Bacharelato, desenvolvida en colaboración con Severiano Casalderrey (docente e programador experto en cinema curto) e a asociación Cinema e Memoria. Do 12 ao 14 de marzo desenvolveranse as sesións presenciais no Museo, organizadas en quendas por tramos escolares de 11 a 14 horas e cunha duración aproximada de 40 minutos.
Consulta aquí o programa ao completo
ALUMNADO DESDE 2º a 5º DE PRIMARIA
Escolma de filmes seleccionados por Severiano Casalderrey, docente e programador experto en cinema curto.
- The short film about kids. Ibrahim Handal. Palestina. 2023, 11 min. Filme curto en árábe con subtítulos en galego.
- Crab day. Ross Stringer. Reino Unido, 2023, 11 min. Animación sen diálogos.
- A menina com os olhos ocupados. André Carrilho. Portugal. 2024, 8 min. Animación sen diálogos.
- Què li passa al cel? Irene Iborra. Cataluña, 2022, 10 min. Animación sen diálogos.
ALUMNADO DESDE 6º DE PRIMARIA a 2º da eso
Escolma de filmes seleccionados por Severiano Casalderrey, docente e programador experto en cinema curto.
- Beurk! Loïc Espuche. Francia, 2024, 13 min. Animación en francés con subtítulos en galego.
- Hammam. Zélie Elkihel. Francia-Marrocos, 2022, 5 min. Animación en francés con subtítulos en galego.
- Palestine Islands. Nour Ben Salem – Julien Menanteau. Jordania-Francia, 2023, 22 min. Filme curto en árabe con subtítulos en galego.
ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO E BACHARELATO

DORES
Coral Piñeiro
Galicia, 2023. 23 min
Filme curto de non ficción en galego.
Proxección e coloquio co alumnado, coa presenza da directora da peza.
Dores responde a unha necesidade moi clara: loitar contra o esquecemento. Este documental producido pola asociación Memoria e Cinema, recolle as historias de catro persoas que, dunha forma ou outra, foron testemuñas ou recollen os testemuños das consecuencias da represión franquista en Galicia.
Todas elas comparten un obxectivo común: aínda que as cicatrices da guerra civil seguen abertas e as consecuencias da ditadura franquista aínda seguen latentes hoxe en día, loitan para preservar a memoria histórica e gañar a partida ao esquecemento.
PROXECCIÓNS VIRTUAIS PARA CENTROS EDUCATIVOS
Ademais da modalidade presencial, os centros educativos poderán optar pola modalidade de visionado en liña coa MICE Petís virtual. A través dunha ligazón, poderán descargar os filmes seleccionados polo festival e proxectalos na aula, a partir do 16 marzo e até finais de curso.
Neste formato virtual inclúense, ademais das anteriores, as seguintes curtas para o último tramo de educación infantil e 1º de primaria, seleccionadas por Severiano Casalderrey.
- Ahru. Leandro Martínez. Arxentina, 2023, 4 min. Animación sen diálogos.
- As Capibaras. Alfredo Soderguit. Francia, Uruguai e Chile. 2024, 10 min. Animación sen diálogos.
- Lulina e a lúa. Alois Di Leo e Marcus Vinicius Vasconcelos. Brasil, 2023, 14′. Animación sen diálogos.
Tamén está dispoñible unha unidade didáctica para poder traballar no centro a proposta de Memoria e Cinema para alumnado da ESO e Bacharelato.
Inscricións: servizosdeac@museodopobo.gal