Ao Cineclube de Compostela, entidade coa que programamos habitualmente esta sección na que damos a coñecer o patrimonio de diversas cinematografías e referentes do cinema etnográfico, este ano sumamos o apoio da sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega. 

O resultado é un programa constituído por unha xornada de debate e formación que coordinan a productora Beli Martínez e programador cultural e historiador de cinema José Manuel Sande, e tres sesións de proxeccións centradas no Cinema galego e Transición, continuando a liña temática desta 19 MICE. 

programa da xORNADA DE DEBATE E FORMACIÓN

XOVES, 21 DE MARZO. ALA SUR DO MUSEO DO POBO GALEGO

A inscrición é gratuíta e pode realizarse nesta ligazón.

SESIÓN DE MAÑÁ

Poderá seguirse en liña a través desta ligazón.

11:00 h – presentación
11:15 h – SESIÓN-MESA 1: Cine afeccionado e militante da Transición

Participan: Xosé Xoán Cabanas Cao, Antón Caeiro e Xan Gómez Viñas. Modera: Ana Domínguez. 

12:30 h – SESIÓN-MESA 2: Do AFECCIONADO ao profesional

Participan: Manuel Abad, Manolo Gonzalez e Milagros Bará. Modera: Marcos Gallego.

SESIÓN DE TARDE 

Poderá seguirse en liña a través desta ligazón.

16:30 h – SESIÓN-MESA 3: Representación da Transición no cinema contemporáneo

Participan: Eloy Enciso, José Manuel Sande, Coral Piñeiro. Modera: Beli Martínez. 

PROXECCIÓNS

SESIÓN 1. MÉRCORES, 20 DE MARZO, 22H. TEATRO PRINCIPAL

Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.

CONXO, UNHA EXPERIENCIA

Manuel Abad

Galicia – España, 1977

12 min. VO

Filmación dun Happening do grupo A Carón que tivo lugar no psiquiátrico santiagués de Conxo, e supuxo unha reflexión arredor da creación artística, a enfermidade mental e a sociedade, á vez que unha denuncia das pésimas condicións nas que vivían os internos, algúns dos cales, grazas a unha tímida liberación da ciencia médica, puideron participar no acto.

CCCV

Ramiro Ledo Cordeiro

Galicia – España, 2005

67 min. VO

Carlos Varela percorreu Galiza enteira coa súa cámara de cinema para facer a crónica do movemento nacional-popular galego, mais deixou tamén unha estela exemplar no eido da fotografía, na cerámica, no debuxo, no deseño gráfico, no mural, no traballo cos tapices; elaborou o anteproxecto de estatutos para unha futura Federación de Cineclubes de Galiza en 1977 (que tomou forma definitiva en 1984), fundou e dirixiu en 1975 ‘Nós Cinematográfica Galega’ e deseñou o anagrama desta sociedade que, nos seus estatutos fundacionais, defendía a “incorporación á cultura galega do fenómeno cinematográfico en todas as súas manifestacións”.

SESIÓN 2. XOVES, 21 DE MARZO, 18:00h. NUMAX

Entradas na web ou na billeteira de NUMAX.

A LEI DA TERRA

Colectivo Grupo Zero

Portugal, 1977

67 min. VO

O proceso da reforma agraria no Alentejo é visto a través dunha análise das estruturas sociais e da loita de clases, culminando coa ocupación de terras polos campesinos e pola tentativa de creación de novas relacións laborais e de propiedade. Fronte á sabotaxe económica dos patróns e antigos propietarios, os traballadores organízanse en sindicatos, reclaman emprego e salarios xustos e procuran establecer unha lei revolucionaria: “A terra para quen a traballa!”.

CURTAS MANOEL DA COSTA:

TEMPOS (DE) GRISES / HOMENAXE A DOLORES / VIGOSHIMA MON AMOUR

Manoel da Costa

Galicia – España, 1975-1985

30 min. VO

Estes tres filmes tratan temas políticos mediante a filmación de conflitos sociais e populares na Transición Española. Manifestacións, represión policial, e homenaxes a políticos comunistas exiliados na dictadura danse cita nesta serie de curtametraxes filmadas polo cineasta amateur Manoel da Costa cunha cámara de S8.

SESIÓN 3. venres, 22 DE MARZO, 20:00H. salón teatro

Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.

Esta terceira sesión contará coa presentación e coloquio posterior á proxección con Alejandro Alvarado, cineasta, docente e investigador, autor de ‘La postcensura en el cine documental de la transición española’ (2018). Con el indagaremos no contexto do cinema daquel período histórico e nos procesos de censura que sufriron filmes como Rocío

ALEJANDRO ALVARADO (Málaga, 1975). Cineasta, docente e investigador. Como profesional compaxinou a televisión cultural e divulgativa, como director-realizador do programa ‘Tesis’ (2001-11) de Canal 2 Andalucía. Forma tándem creativo con Concha Barquero, coa que escribiu e dirixiu varias películas, entre as que destaca Pepe el andaluz (2012). Desde 2010 é profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Málaga, onde imparte a materia Produción Documental e coordina o Máster en Creación Audiovisual e Artes Escénicas. Desde 2014 forma parte do comité de selección da sección de curtametraxes do Festival de Málaga.

Os filmes que se proxectarán e sobre os que xirará a posterior conversa serán:

ROCÍO

Fernando Ruiz Vergara

España, 1980

69 min. VOSG/SpX

O censurado documental Rocío trata as bases económicas, de clase e de poder que subxacen na devoción rocieira, alienando toda unha comarca. Documento histórico que expón breve pero concisamente a penetración e evolución do catolicismo en España durante o golpe de estado e o franquismo, a razón e lóxica da fe mariana, así como a aparición das imaxes de virxes ao longo e ancho do país para centrarse na Virxe do Rocío.

ANDALUCÍA 28F

Nonio Parejo

España, 1981

15 min. VO

Unha curtametraxe documental sobre a celebración do Referendo pola Autonomía, que votou o pobo andaluz o 28 de febreiro de 1980.