MÉRCORES 20, 17H30. ALA SUR (MUSEO DO POBO GALEGO).
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Carlos Tobón
Colombia, 2022
100 min. VOS
[Estrea en España]
A película segue o percorrido do río Cauca na área de influencia da presa de Hidroituango. O director percorre esta zona entrevistando a buscadores de ouro, campesiños e pescadores… Riada é unha investigación etnográfica sobre as consecuencias dunha alteración paisaxística como é a construción dunha presa. Esta viaxe de 100 minutos percorre de maneira poética máis de trinta anos de loita das comunidades ás que a construción da presa afecta, conectando as crúas historias orais dos sobreviventes e a desgarradora paisaxe.
XOVES 21, 17:00H. AUDITORIO DO MUSEO DO POBO GALEGO
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Eluned Zoe Aiano, Alesandra Tatić
Serbia, 2023
77 min. VOSG
[Estrea en España]
No leste de Serbia, nun pobo cunha dobre identidade dividida entre a maxia e a industria, unha familia cun destino intrinsecamente ligado a ámbalas dúas fai todo o posible para asegurar a supervivencia das súas tradicións e das súas futuras xeracións. O mineiro Dragan Markovic é o último dunha liña de cazadores de dragóns, e a súa irmá Desa é a viúva do líder sindical que tenta continuar co seu legado loitando polos dereitos das familias dos compañeiros mineiros.
XOVES 21, 19H30. ALA SUR (MUSEO DO POBO GALEGO)
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Tommaso Santambrogio
Italia, 2023
50 min. VOSE
[Estrea en Galicia]
Conducindo polas rúas de Cuba, Lav Díaz – o famoso director filipino – e Gustavo Frecha – un locuaz taxista cubano – atópanse discutindo sobre política, migración, condicións sociais e amor. Tocando moitas historias e experiencias persoais, crean un retrato histórico das condicións dos seus propios países.
XOVES 21, 22:00H. SALÓN TEATRO
Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.
João Pedro Rodrigues, João Rui Guerra da Mata
Portugal, 2022
88 min. VOSE
[Estrea en Galicia]
Desde a nosa ventá pode verse un decorado do filme Los años verdes, dirixida por Paulo Rocha en 1963. Este foi o noso punto de partida: guiados pola mirada de Rocha, volvemos aos lugares desa película. Os sucesivos estratos xeológicos, urbanísticos e sociais de Lisboa, asediados pola pandemia que interrompeu a rodaxe, debúxanse ante a nosa cámara, como unha improvisación de jazz contemporáneo a partir dunha partitura escrita en 1963.
VENRES 22, 17H30. ALA SUR (MUSEO DO POBO GALEGO)
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Stela Roxana Pascal
Moldavia, 2023
53 min. VOSG
[Estrea mundial]
Stela é unha moza transxénero de Moldavia que está a pasar soa pola súa transición. Ademais, escribiuse unha carta desde o futuro para asegurarse de que as cousas mellorarán e evitar o suicidio.
VENRES 22, 19:00H. AUDITORIO DO MUSEO DO POBO GALEGO
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Rakel Aguirre
Reino Unido, 2023
69 min. VOSE
[Estrea en Galicia]
Sew to Say, Coser para contar, é a historia de Thalia, unha artista e creadora de pancartas que a principios dos anos 80 integrouse nun campamento de paz só para mulleres en Greenham Common para opoñerse ás armas nucleares. O filme repasa así a protesta feminista máis longa da historia británica.
VENRES 22, 19H30. ALA SUR (MUSEO DO POBO GALEGO)
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Daniel Wolff
EEUU, 2023
67 min. VOSE
[Estrea en España]
Sen desanimarse polas décadas de prexuízos e a apropiación continuada das súas tradicións, sen deixarse derrubar polo paso do Katrina e a neglixencia posterior ao furacán, ou vivindo a inauguración do Mardi Gras, o filme, documenta a vida de tres xeracións da familia Harrison de Nova Orleáns. Iniciado e filmado polo célebre cineasta gañador dun Óscar Jonathan Demme, a película rodouse ao longo de 15 anos documentando a arte e o activismo dunha familia que protexe o seu legado.
SÁBADO 23, 17H30. ALA SUR (MUSEO DO POBO GALEGO)
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Jiandong Huang
A China, 2023
88 min. VOSG
[Estrea en España]
Este documental ofrece un retrato das loitas agrícolas e emocionais que enfrontan os aldeáns rurais a medida que China cambia drasticamente coa modernidade. Kong Qingping, neto de Confucio na 73ª xeración, volve á súa aldea como secretario do Partido para liderar a esta comunidade agrícola e ancestral cara á riqueza económica. Os seus plans de desenvolvemento para esta zona montañosa do leste da China vense frustrados por un conflito centenario que sae á luz e reaviva as disputas entre grupos étnicos.
SÁBADO 23, 22:00H. TEATRO PRINCIPAL
Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.
Kathryn Ramey
EEUU / Porto Rico, 2023
75 min. VO
[Estrea en Galicia]
Esta película é a mestura de cen anos de metraxe atopada (películas turísticas, agrícolas e de propaganda) con retratos contemporáneos de artistas e activistas. É unha viaxe a través das complexas capas que deixa a ocupación estadounidense en Porto Rico. A película utiliza un enfoque experimental e etnográfico, deixando entrever como a ficción creada polos estadounidenses de “democracia” e “débeda” oculta unha dominación capitalista e militar.