MICEscola

PROGRAMA DE achegamento á REALIZACIÓN DE CINEma ETNOGRÁFICO

MICEscola é un proxecto didáctico da MICE dedicado a levar o cinema etnográfico aos centros escolares. Trátase dunha experiencia que reúne alumnado, profesorado e profesionais do sector audiovisual e que ten como obxectivo dotar a xente nova das ferramentas técnicas e narrativas para contar o seu punto de vista sobre o mundo a través de curtametraxes feitas con dispositivos de fácil acceso e utilización.

MICEscola 2023
Participantes na primeira edición da MICEscola na 18ª MICE

O programa, dirixido a alumnado da ESO e Bacharelato, está titorizado polo DEAC do Museo do Pobo Galego e as cineastas Coral PiñeiroBruno Arias. Os centros participantes nesta segunda edición son o IES Pedra da Aguia (Camariñas), o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), o o IES de Arzúa (Arzúa), o IES de Oroso (Oroso) e o IES de Cacheiras (Teo).

As formadoras desenvolveron tres sesións por cada centro onde procuraron achegar o alumnado ás diferentes caras do proceso creativo: a selección dun tema, a ideación dunha historia, a escrita dun guión, a elaboración dunha proposta de dirección, a rodaxe, a montaxe e as moitas dúbidas, dificultades e potenciais que agochan todos e cada un destes procesos.

As pezas resultantes proxectaranse no Museo no marco da programación estendida da 19 MICE.

“Comunicazión alfa”, IES de Cacheiras – MICEscola
“Nós”. MICEscola, IES de Arzúa – MICEscola
“Do Xogo ao Deporte”, IES de Oroso – MICEscola

“A festa do Carmen”, IES Pedra da Aguia (Camariñas) – MICEscola
“Minas de San Finx”,  CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame) – MICEscola