Entrega de premios

Domingo, 24 de marzo, ás 12h30 no Auditorio do Museo do Pobo Galego

Acto de entrega de premios da 19 MICE conducido por Carlota Mosquera.

carlota mosquera

Carlota Mosquera é actriz, creadora, improvisadora e fotógrafa. Estas categorías abrazan un só termo, a comunicación, e unha soa inquedanza, “contar historias”.

Colabora activamente con festivais de artes vivas como “Abanea” ou “Escora”; actúa ou acompaña en xira a compañías como Determinada cía ou Marta Alonso Tejada cía; e forma parte do Colectivo do Flow, unha compañía de impro emerxente, localizada en Santiago de Compostela, que loita polo establecemento dun tecido cultural local rico, forte e accesible.