formación e didáctica na 17 mice

Ollares Intencionados and MICE Petís, a programación formativa da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego.

MICE Petís 2022: A programación para centros escolares de Primaria e Secundaria e para Centros Socioculturais

Programa Escolar

O cinema e os medios creativos vertebran un eixo importante na sociedade desde a formación e o ensino das persoas no desenvolvemento socio cultural. Tratándose ademais da MICE, un evento xurdido no DEAC (Departamento de Educación e Acción Cultural) do Museo, non podiamos esquecer os e as máis novas. Coa nosa estratexia de colaboración con outros festivais galegos e de fóra, tamén para a programación escolar, este ano contamos como festival convidado con Olloboi. Este é un evento audiovisual de curtametraxes feitas no ámbito escolar que organiza desde o 2009 unha asociación sen ánimo de lucro radicada en Boiro.

Dirixido a todos os niveis educativos ten unha especial acollida entre a preadolescencia o cal nos interesa moito na creación de públicos novos. A proposta é unha selección de curtas realizadas neste festival nos últimos anos constituíndo un programa en presencial con sesións matinais e unha proposta dixital que se estende ata fin de curso e que pode programar o persoal docente nos propios centros. En relación con esta colaboración, proxectaremos fóra de concurso, en concreto na sesión inaugural, o documental que conta a historia deste festival: Cadernas de Olloboi.

Proposta para que petís e maiores da casa traballen conxuntamente no hábito de ver cinema . Coa selección dos curtos de Olloboi desenvolverase e un programa na fin de semana nos CSC de Conxo e O Castiñeiriño de Santiago de Compostela.

A MICE ofrece nesta 17 edición sesións presenciais e virtuais, ambas as de gratuítas.

SESIÓNS PRESENCIAIS · Durante A semana do 28 de marzo ao 1 de abril teremos sesións matinais no Museo para poder ver estes curtos.

1ª sesión: ás 11 h

2ª sesión: a as12 h30.

SESIÓNS VIRTUAIS · A partir do 28 de marzo e ata final de curso, esta proposta materializarase facilitando e compartindo os curtos a través dunha ligazón. Deste xeito, o profesorado poderá programar a MICE Petís nos propios centros.

O PROGRAMA MICE PETIS 2022 PROGRAMA ESTÁ DISPOÑIBLE NAS SEGUINTES LIGAZÓNS

Primaria

Secundaria

Programa xuvenil

Proposta para que petís e maiores da casa traballen conxuntamente no hábito de ver cinema. Coa selección das curtametraxes de Olloboi , desenvolverase un programa o fin de semana nos seguintes : Centros socioculturais de Santiago de Compostela:

Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo ·

Venres 1 de abril ás 20 h. Duración dá proxección 50 minutos.

Centro Sociocultural Agustín Bo do Castiñeiriño·

Sábado 2 de abril ás 18 h. Duración dá proxección 50 minutos.

INSCRICIÓNS PARA CENTROS ESCOLARES E CENTROS SOCIOCULTURAIS: servizosdeac@museodopobo.gal

OLLARES INTENCIONADOS: Talleres na MICE

Adriana Vila Guevara
Jorge Moreno Andrés

Taller

Anversos e reversos: metodoloxía etnográfica dos procesos creativos. O apartado de formación sobre a mirada e a representación no cinema etnográfico acolle este ano o taller impartido polo antrópologo e fotógrafo Jorge Moreno Andrés, autor del duelo revelado: a vida social das fotografías familiares das vítimas do franquismo e a tamén antropóloga e cineasta Adriana Vila Guevara, directora de Belén.

Se a antropoloxía axúdanos a explorar a realidade e darlle sentido, a arte permítennos imaxinar mundos a través das súas exploracións particulares. Empregar a paixón pola etnografía e a precisión da poesía, é o que une ambas as disciplinas neste taller coa intención de viaxar polos proxectos creativos nos que se atopan os participantes, xa sexan do mundo do cinema ou da fotografía, a literatura, o teatro, a danza ou a música. Nun formato de seminario inmersivo, Adriana Vila Guevara e Jorge Moreno Andrés guiarán a creación dunha dimensión dialogante coma se dunha ponte tratásese, ao lugar onde se observan, escoitan e ocorren as interseccións. As que se intúen desde o ámbito etnográfico e o artístico. Un curso no que se abre un espazo de discusión, reflexión e especulación ao redor de ferramentas antropolóxicas, posibles métodos, camiños, preguntas, símbolos, limitacións, soños e desexos.

12 horas de formación especializada, desde o venres, 1 de abril ao sábado 2.

Prezo xeral: 40 euros, con descontos para xente socia do Museo do Pobo Galego , AGANTRO e para estudantes e xente desempragada.

INSCRICIÓNS: mice@museodopobo.gal