Sección Oficial

As seccións a concurso da MICE son:

  • Internacional, co Premio MICE ao Mellor Filme, dotado con 1000 euros, diploma e trofeo.
  • Galicia, co Premio MICE ao Mellor Filme Galego, dotado con 800 euros, diploma e trofeo.

Nesta 19ª edición, o xurado da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural outorgará o Premio AGANTRO á profundidade antropolóxica dotado con 500 euros, diploma e trofeo. A Asociación Galega de Profesionais da Realización e a Dirección entregará o Premio CREA, dotado con 200 euros e trofeo. E as persoas asistentes outorgarán, mediante as súas votacións, o Premio do Público.