A comisaria búlgara Mariana Hristova e a súa selección de impropias protagonizan a xornada do xoves na 17 MICE

xoves, 31 de marzo 2022

A xornalista e comisaria búlgara Mariana Hristova, encargada este ano da sección Impropias, protagoniza a xornada do xoves na 17 MICE Museo do Pobo.

Na xornada do xoves proxectaranse a película ucraína Heat Singers, da directora ucraína Nadia Parfan, e The Hope Factory, da cineastra rusa Natalia Meshchaninova.


Nesta sesión, a comisaria de Impropias terá un encontro co público onde intentará facer un diálogo entre os dous países a través do seu cinema e falará da conexión desta películas co tema central do festival, o traballo: Hristova conta que en “ The Hope Factory” que ten lugar na cidade siberiana de Norilsk, fundada en 1935 maiormente para aloxaraos traballadores do complexo mineiro-metalúrxico, a vida dos personaxes depende en cada aspecto da organización social e infraestrutural da cidade, que polo seu lado está definida pola Industria na zona. “The Heat Singers” relata cunha simbiose peculiar entre a expresión artística e as xornadas esgotadoras de traballo monótono nun sistema laboral obsoleto».

Fotograma de Heat Singers

Mariana Hristova

O mesmo xoves, no espazo de formación da 17 MICE, Mariana Hristova, impartirá un seminario na Facultade de Comunicación durante a celebración do CO(M)XÉNERO, sobre a selección que realizou para esta décimo séptima edición da MICE. Convidóuselle como experta en cinema subrepresentado e a cinematografía dos Balcáns e do Leste cando aínda non se contemplaba un conflito como o que está a vivir Europa agora mesmo. Mariana é unha persoa cunha ollada que, nestes intres, e a través do cinema, pode resultar dobremente interesante.

Sesión con Mariana Hristova. Será o xoves 31 de marzo ás 16h na Facultade de Ciencias da Comunicación. Máis información e inscricións na web do Grupo de Estudos Audiovisuais .

Taller Anversos e reversos: metodoloxía etnográfica dos procesos creativos

Quedan aínda prazas para o Taller impartido polo antropólogo Jorge Moreno Andrés e a antropóloga e cineasta Mariana Vila Guevara. 12 horas de formación especializada entre o venres 1 de abril e o sábado 2.
O prezo xeral é de 40 euros con descontos para asociadas do MUSEO DO POBO GALEGO, AGANTRO e para estudantes e persoas desempregadas. Inscricións en mice@museodopobo.gal.

Este xoves comeza a MICE en liña, onde se poderán ver ata o sábado 2 de abril cinco filmes premiados en anteriores edicións do festival.

Lembramos que está aberta ademais ao público, en horario do Museo, a exposición Coreografías do facer. O traballo feminino nos fondos Henningsen. 

Unha muller vende rosquillas e allos nunha rúa de Santiago
Foto: Gustav Henningsen

Toda a informacion sobre programación, entradas e espazos aquí