SECCIÓN OFICIAL da 16ª MICE 2021

 A Sección Oficial contén a selección de once filmes coproducidos por oito nacionalidades diferentes (Francia, Marrocos, Portugal, Mozambique, Finlandia, Estados Unidos, Galicia, España). Catro destes filmes terán a súa estrea en España e tres en Galicia durante as datas da MICE.

Algunhas destas películas chegan á MICE despois de ter pasado por festivais internacionais e nacionais: Alcances, o Festival de Cine Documental de Cádiz, no caso de Hostal España; o International Documentary Film Festival in Amsterdam (IDFA) no caso de Neiti aika; o FICX de Xixón ou o Festival Internacional de Cine Indie de Lisboa no caso De los nombres de las cabras; ou o Suncine Environmental Film Festival de Barcelona no caso de Entre pastores e lobos.

O xurado da Sección Oficial outorgará o premio ao Mellor Filme dotado con 1000 euros e trofeo, e o premio ao Mellor Filme Galego está dotado con 800 euros e trofeo. Por outro lado, o xurado AGANTRO outorgará o premio do mesmo nome, concedido pola Asociación Galega de Antropoloxía, dotado con 500 euros e trofeo. Os espectadores e espectadoras elixirán a súa película favorita co premio do Público dotado cun trofeo. Por outra banda, nesta nova edición créase un novo galardón, o premio CREA outorgado pola Asociación Galega de Profesionais da Realización e a Dirección, dotado con 200 euros e trofeo.

  • Neiti aika, de Elina Talvensaari [Estrea en España]
  • Hostal España, de Chus Domínguez, Inma Álvarez e traballadoras e residentes do Hostal España [Estrea en Galicia]
  • La Forêt, de Mortada Ouahib e Lo Thivolle [Estrea en España]
  • A miña terra, de Santiago D. Risco
  • Notas sobre a habitabilidade en A Barca, do colectivo Semente (por Alfredo Ruiz, Andrés Fernández, Pablo Paloma, Paloma Hernández e Patxi Burillo)
  • De los nombres de las cabras, de Miguel G. Morales e Silvia Navarro
  • A poeta analfabeta, de Sonia Méndez 
  • Entre pastores e lobos, de Manuel Pedrosa [Estrea en Galicia]
  • Skatepark, de Jonatan Lyrefelt e Kim Ekberg [Estrea en España]
  • Viagem aos Makonde, de Catarina Alves Costa [Estrea en Galicia]
  • Como el viento, de Raquel Ruiz [Estrea en España]