A 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico presenta a súa imaxe gráfica

Santiago de Compostela, luns 2 de marzo de 2019. O cartaz da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que terá lugar do 23 ao 29 de marzo en Santiago de Compostela,  protagonízao o lavadoiro do centro da vila de Carballo realizado pola fotógrafa Sabela Iglesias. A imaxe desta edición aúna dous dos eixos que vertebran a programación: a memoria e a linguaxe. Os lavadoiros como espazos mudan en aldeas, vilas e cidades (da multitude ruidosa das lavandeiras á soidade do graffiti) e foron lugar de socialización, testemuña dun traballo comunitario e espazo propiamente de mulleres, tal e como explica Sabela Iglesias. 

Cartaz da 15ª MICE realizado pola fotógrafa Sabela Iglesias. Deseño de Sacauntos Coop. Gráfica.

Sobre a linguaxe traballaron tamén a realizadora Helena Girón e o realizador Samuel M. Delgado, encargados de facer a peza promocional desta 15ª MICE. Esta creación, gravada no petróglifo da Laxe das Rodas (Louro, Muros) no verán de 2019, está considerado posiblemente un calendario lunisolar. A peza recolle o poder da linguaxe e a súa simboloxía, ademais da memoria dos pobos reflectido no patrimonio arqueolóxico e etnográfico.

A 15ª Mostra Internancional de Cinema Etnográfico conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, da Deputación da Coruña, de AGADIC e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia