A REVOLUCIÓN (É) PROBABLE

XOVES 21, 20:00H. SALÓN TEATRO

Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.

María Ruido, Paula Barreiro-López, Lee Douglas

España / Portugal, 2022

30 min VOSG/SpX

Para que serve unha revolución? Unha revolución alumea outras posibilidades de vida. Esa é a premisa da que parte esta curtametraxe, que toma como caso de estudo a última das grandes revolucións europeas, a que tivo o seu comezo o 25 de abril de 1974 en Portugal, profunda nas súas raíces coloniais, e reflexiona sobre o seu final o 25 de novembro de 1975. Este ensaio audiovisual, construído con algúns dos traballos cinematográficos máis importantes do 25 de abril e con materiais de arquivo televisivo e das cooperativas cinematográficas xurdidas á calor do proceso revolucionario, é unha reflexión sobre a forza política destas imaxes, sobre o legado que nos deixan, e sobre o papel dos arquivos, o cinema, os medios de comunicación e a representación en xeral nas nosas loitas contemporáneas. A revolución (é) probable fálanos, ademais, do fráxil estatuto de documento das imaxes como “proba”, e da posibilidade real de aprender da historia desde o presente.

HABITAR

XOVES 21, 20:00H. SALÓN TEATRO

Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.

Anxos Fazáns

Galicia / España, 2023

15 min VO/SpX

Pode un corpo ser unha casa? Que é un fogar? Habitar trata de responder estas preguntas sobre a construción das nosas identidades a través do retrato íntimo de persoas transxénero e non binarias de Galicia.

12 DE MAIO DE 1937

SÁBADO 23, 20:00H. TEATRO PRINCIPAL

Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.

Mar Caldas

España, 2023

28 min VOSG

[Estrea en Galicia]

O meu avó, José Caldas, sindicalista e concelleiro socialista, foi fusilado en Vigo o 12 de maio de 1937, durante a guerra civil española. A miña voz en off, fotografías do álbum familiar e máis do estudio Pacheco, son os fíos condutores desta historia de pérdida e violencia. Pasado e presente, a historia familiar e a historia colectiva, a memoria transxeneracional e a historia social entrecrúzanse nun relato que demanda xustiza e no que a ollada feminista é persistente.

LAVADOIRO

SÁBADO 23, 20:00H. TEATRO PRINCIPAL

Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.

Ana Amado, Lois Patiño

Galicia / España, 2023

17 min VO/SpX

O proxecto “O Lavadoiro” propón unha reflexión activa e multidisciplinar, desde a arquitectura construída e efémera, sobre o papel dos lavadoiros na vida das mulleres, como lugares de traballo doméstico e tamén de relación, tomando como punto de partida o entorno do Lavadoiro de Artes (Corrubedo, A Coruña), construído nos anos 40 e recentemente recuperado polo arquitecto Carlos Seoane, como posta en valor dun espazo público singular ata agora en desuso.