
MÉRCORES 12, 18:30H. AUDITORIO DO MUSEO DO POBO GALEGO
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Jürgen Ellinghaus
Francia / Alemaña / Togo, 2023
95 min. VOSG
[Estrea en Galicia]
Togoland Projections trasládanos ao territorio da antigua colonia alemana de Togo. Seguimos a expedición cinematográfica do director Hans Schomburgk, que en 1913-1914 rodou alá películas documentais e de aventuras. Mostramos as súas películas ao público togolés de hoxe, para interrogarnos sobre as imaxes cinematográficas, sobre o seu contexto histórico e os efecto do colonialismo. ¿Qué amosan, qué agochan sobre “Togolandia”, daquela considerada a “colonia modelo” do Imperio alemán?

XOVES 13, 18:30H. AUDITORIO DO MUSEO DO POBO GALEGO
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Daiana Araujo
Cuba, 2024
28 min. VO
[Estrea en España]
A negritude, a través da transculturación, tivo o seu recoñecemento polo seu amplo legado relixioso, o cal xogou un importante papel na definición da identidade do que chegou a ser propiamente o cubano. A etnia Kongo é unha daquelas das que se derivan os Palo Monte e a un tempo o Congo é a súa lingua. Dunha maneira pouco convencional mergullámonos no ritual sincrético dunha familia de paleiros e facémonos partícipes do mesmo. Que é o ser cubano?

XOVES 13, 18:30H. AUDITORIO DO MUSEO DO POBO GALEGO
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Mario Moreno Iglesias
España, 2024
26 min. VO
[Estrea en Galicia]
Tres festividades tradicionais localizadas en territorios rurais da provincia de Cáceres (España), son o escenario elixido para observar procesos de expresión e reconstrución das masculinidades proxectadas en torno aos rituais festivos ibéricos. A masculinidade manifestada desde a resistencia corporal como atributo que fortalece a concepción estereotipada do masculino, entrelázase con outras formas de expresión marcadas polas relacións de coidado entre homes e unha significativa sensibilidade xerada nun contexto de relixiosidade popular.

XOVES 13, 19:30H. AUDITORIO DO MUSEO DO POBO GALEGO
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Kumjana Novakova
Macedonia do Norte / Bosnia e Herzegovina, 2023
63 min. VOSG
[Estrea en Galicia]
Traballando unicamente con arquivos e testemuños, Silence of Reason actúa como unha memoria en si mesma a través das experiencias singulares da violencia e a tortura sufridas polas mulleres nos campos de violación de FoCa durante a guerra en Bosnia e Herzegovina. Este ensaio audiovisual forense, está construído como unha investigación performativa sobre o primeiro caso do tribunal penal internacional que condenou a violación en tempos de guerra como forma de tortura, e a escravitude sexual, como crime de lesa humanidade.

VENRES 14, 18:30H. AUDITORIO DO MUSEO DO POBO GALEGO
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Thivolle Lo
Francia, 2024
63 min. VOSG
[Estrea en España]
Filmado na rexión portuária e industrial de Port-de-Bouc, Le Boxeur chancelant acompanha ao antropólogo e realizador, Lo, de cincoenta anos, que soña con boxear e facer um filme sobre boxeo. Inscríbese nunha academia da localidade onde ten como mestre a Dany, un adestrador cunha doenza dexenerativa cuxa maior ambición é atopar o amor.

VENRES 14, 20:30H. TEATRO PRINCIPAL
Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.
Tânia Dinis
Portugal, 2024
20 min. VOSE
Tão pequeninas, tinham o ar de serem já crescidas, combina o tratamento ficcional e documental, usando arquivo fotográfico, imaxes reais e o testemuño oral de varias mulleres, provenientes das rexións de Trás-os-Montes, Beira, Alto e Baixo Minho que, entre os anos 40 e 70, foron á cidade de Porto a traballar como criadas de servizo.

SÁBADO 15, 18:30H. AUDITORIO DO MUSEO DO POBO GALEGO
Entradas no Vivetix e, desde 1 hora antes do inicio da proxección, na recepción do Museo.
Davide Melis
Italia, 2024
89 min. VOSG
[Estrea en España]
A s’orgolesa narra un ano en Orgosolo, na Cerdeña, cunha estrutura narrativa con alternacia de partes dialogadas e de “Canto a Tenore”: os cantos, auténtica matriz da obra e elemento principal da historia, ganduxan os testemuños dunha comunidade que, orgullosa das súas orixes e do seu pasado, hoxe esténdese cara un presente en continua transformación do que o “Canto a Tenore”, non é unha mera celebración dun pasado xa afastado, senón que se converte nunha fiel transposición poética de temas sociais particularmente vivos no seo da presente comunidade.

SÁBADO 15, 19:00H. TEATRO PRINCIPAL
Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.
Paulo Carneiro
Portugal / Uruguay, 2024
77 min. VOS
A comunidade de Covas do Barroso, no norte de Portugal, descobre que a empresa británica Savannah Resources planea construír a maior mina de litio a ceo aberto de Europa a poucos metros das súas casas. Fronte a esta ameaza inminente, o pobo decide organizarse e expulsar a empresa das súas terras.

SÁBADO 15, 21:30H. TEATRO PRINCIPAL
Rachel Daisy Ellis
Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.
Brasil, 2024
107 min. VOSG
[Estrea en España]
Os moteles de amor en Brasil son un refuxio onde a fantasía se converte en realidade. Cando a cita da cineasta nunca chega, ela ten unha nova idea para unha película. A través de imaxes persoais, en ocasións bastante explícitas, filmadas polos propios participantes, Eros presenta as formas únicas e singulares nas que as persoas levan a cabo as súas relacións íntimas e románticas e como estes comportamentos reflicten as normas sociais e outras realidades máis amplas. O resultado é unha visión caleidoscópica dun mundo paralelo do desexo humano.