Filmes premiados na 19 MICE

Unha proposta para levar a MICE alén do espazo e o tempo, que permite o visionado en liña de filmes que pasaron por anteriores edicións da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. 

Os traballos que poderán verse do 12 ao 16 de marzo a través da páxina web son:

TAXIBOL

Mellor Filme na 19 MICE 

Tommaso Santambrogio

Italia, 2023

50 min. VOSE

Conducindo polas rúas de Cuba, Lav Díaz – o famoso director filipino – e Gustavo Frecha – un locuaz taxista cubano – atópanse discutindo sobre política, migración, condicións sociais e amor. Tocando moitas historias e experiencias persoais, crean un retrato histórico das condicións dos seus propios países.

Mención especial na 19 MICE 

Eluned Zoe Aiano, Alesandra Tatić

Serbia, 2023

77 min. VOSG

No leste de Serbia, nun pobo cunha dobre identidade dividida entre a maxia e a industria, unha familia cun destino intrinsecamente ligado a ámbalas dúas fai todo o posible para asegurar a supervivencia das súas tradicións e das súas futuras xeracións. O mineiro Dragan Markovic é o último dunha liña de cazadores de dragóns, e a súa irmá Desa é a viúva do líder sindical que tenta continuar co seu legado loitando polos dereitos das familias dos compañeiros mineiros.

HABITAR

Mellor Filme Galego na 19 MICE

Anxos Fazáns

Galicia / España, 2023

15 min VO/SpX

Pode un corpo ser unha casa? Que é un fogar? Habitar trata de responder estas preguntas sobre a construción das nosas identidades a través do retrato íntimo de persoas transxénero e non binarias de Galicia.