Sección Impropias

Sección coordinada por Carolina Astudillo

Esta sección pon a dialogar a tres cineastas – Paz Encina, Alina Marazzi e Tiziana Panniza– xunto á obra da propia Carolina Astudillo, de estilos diferentes pero que, nos seus modos de representación beben da teoría feminista do cinema e rompen as presuncións sobre o xénero documental. Os filmes propostos xiran arredor do recordo e de como recordamos. O cinema funciona neste sentido como un proceso que desmonta historias oficiais –a do colonialismo e os modelos etnográficos de obxectividade, a dos vencedores dunha guerra civil, a do patriarcado que exclúe a perspectiva e o punto de vista desas mesmas mulleres–. Son todos, a súa vez, espazos da ausencia nos que o cinema funciona como un operador para reconstruír a memoria e a voz dos e das ausentes a través do emprego de metraxe atopado e material de arquivo.

Biografía de Carolina Astudillo

É realizadora, xornalista, investigadora e docente. Diplomada en Estudos de Cine pola Universidade Católica de Chile e Máster en Documental Creativo pola Universidade Autónoma de Barcelona. O seu traballo desenvólvese na investigación, a creación documental e a escritura tendo como eixo articulador ás mulleres e a memoria histórica. Ten realizado varios documentales como De monstruos y faldas (2008), Lo indecible (2012) ou El deseo de la civilización: Notas para El gran vuelo (2014); e películas como Ainhoa, yo no soy esa (2018) que obtiveron recoñecementos nacionais e internacionais. Coa súa primeira longametraxe El gran vuelo (2014) obtivo o Biznaga de Prata ao Mellor Documental no Festival de Málaga (2015); o premio Feroz Puerta Oscura ao Mellor Documental que lle outorgou a Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) e o premio á Mellor Mediometraxe Documental en Alcances. Imparte cursos, seminarios e masterclass na Universidade Autónoma de Barcelona, na Universidade Pompeu Fabra, na Universidade de Santiago de Chile e en escolas de cine como a ESCAC.

eL GRAN VUELO

Martes 6 de abril ás 20h00 en NUMAX

63 minutos / 2014 / España – Chile

Dirección, guión e produción: Carolina Astudillo Muñoz

Participación: Sergi Dies, María Cazes (voces)

Montaxe: Georgia Panagou, Ana Pfaff

Son: Alejandro Castillo, Merri

Música: Diego Mune, Charlie Braesch, Charlie Sid, Claudia Cervenca, Fanny Menegoz, Karsten Hochapfel, Miguel Arcos

Argumento: Nos primeiros anos da ditadura franquista, Clara Pueyo Jornet, militante do Partido Comunista, foxe da prisión de Les Corts de Barcelona pola porta principal. Nese momento a súa pegada pérdese para sempre. Vivira en constante fuga e pretendía fuxir tamén da rixidez do seu propio partido. A súa historia é tamén a historia das mulleres da súa época e da súa loita pola liberdade nunha sociedade que tentou reprimilas.

Detalle: El gran vuelo obtivo o Biznaga de Prata ao Mellor Documental no Festival de Málaga (2015). Por esta obra, Carolina Astudillo foi elixida Mellor Realizadora pola Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA).

Un’ora sola ti vorrei

Estrea en Galicia

Mércores 7 de abril ás 19h30 en NUMAX

55 minutos / 2002 / Italia

Dirección: Alina Marazzi

Guión: Luisa Marazzi Hoepli

Montaxe: Ilaria Fraioli

Son: Remo Ugolinelli e Alessandro Feletti

Reparto: Luisa Marazzi Hoepli e Alina Marazzi 

Produción: Gianfilippo Pedote, Giuseppe Piccioni, Francesco Virga

Argumento: A nostalxia e o recordo son os sentimentos sobre os que se constrúen Un’ora sola ti vorrei. En ton de documental, Alina Marazzi emprega as secuencias gravadas polo seu propio avó para reconstruír o recordo da súa nai, que se suicidou cando ela tiña tan só sete anos. As imaxes das películas domésticas gravadas en 16 mm descubríronlle á directora a idea dunha nai que non coñeceu. A historia entrelaza a lectura de cartas e diarios da nai e os rexistros médicos dos centros de repouso onde pasaba longas tempadas. A través destes textos reconstruíu certos períodos da súa vida: a adolescencia, o amor, os fillos, a enfermidade e o malestar existencial.

Detalle: Ópera prima de Alina Marazzi. Este documental recibiu a mención especial do xurado no Festival de Locarno (2002) e gañou o premio ao mellor documental italiano no Festival de Cine de Torino (2002).

Tierra sola

107 minutos / 2017 / Chile

Sábado 10 de abril ás 18h00 no Museo do Pobo Galego

Dirección e guión: Tiziana Panizza

Fotografía e cámara: Pablo Valdés

Produción: Soledad Silva e Macarena Fernández

Son: Claudio Vargas

Montaxe: Tiziana Panizza e Coti Donoso

Argumento: Un investigador atopou 32 documentais filmados na Illa de Pascua fai un século. En todos hai imaxes dos Moái, nese momento baixo unha colonización cruel, tratados como escravos e encerrados no seu propio pobo por máis de 60 anos. Desesperados, moitos deles fugáronse en precarios botes cara alta mar. Tierra sola é un documental que conta a historia e o rexistro da súa prisión actual, unha pequena comunidade custodiada por xendarmes nativos e chilenos, un paradoxo da liberdade na illa máis apartada do mundo.

Detalle: O documental Tierra sola, forma parte da triloxía Bitácora Visual, un conxunto de traballos sobre a Illa de Pascua, onde Tiziana Panizza viaxou por primeira vez en 1999. Alí apoiada polo cineasta rapanui Leo Pakarati conversou coa poboación e afondou sobre a prohibición de saír do territorio durante décadas, a colonización que escravizou á poboación e o expolio cultural dos Moái. Foi Premio NUMAX Exhibición no Festival Márgenes 2017 e premio á mellor longametraxe no FIC Valdivia (2017).

ejercicios de memoria

Estrea en Galicia

Xoves 8 de abril ás 18h00 no Teatro Principal

70 minutos / 2016 / Arxentina – Francia – Alemaña – Paraguai

Dirección e guión: Paz Encina

Fotografía: Matías Mesa

Son: Guido Berenblum

Montaxe: Pablo Giorgelli e María Astraukas

Produtora: Silencio Cine

Argumento: Agustín Goiburú foi o opositor político máis importante ao réxime de Stroessner en Paraguai. Desapareceu en 1976 en Paraná, na provincia de Entre Ríos (Arxentina), onde vivía exiliado. Este documental trata de introducirse en todo ese contexto político a través dos recordos dos tres fillos de Goiburú e a súa viúva: Elín, Rogelio, Jazmín e Rolando. Así arranca un íntimo exercicio de memoria que conta a historia de todo un país (que sufriu unha das máis longas ditaduras de Latinoamérica ente 1954 e 1989) a través da evocación de imaxes dunha infancia marcada pola ausencia e o espazo atemporal do exilio.

Detalle: Ejercicios de Memoria estreouse mundialmente na 64ª edición do Festival de Cine de San Sebastián. Foi nominada aos Premios Platino de Cine Iberoamericano ao Mellor Documental en 2018. A directora e guionista Paz Encina é coñecida pola longametraxe Hamana paraguaya (2006), galardoada co premio Fipresci do Festival de Cannes.