Presentación de Memoria e Cinema

21 de marzo ás 19h30 no Auditorio do Museo do Pobo Galego

Presentación da Asociación Memoria e Cinema, un colectivo de xente nova que se une para tratar a historia e a memoria a través do audiovisual.

O evento contará coa proxección de Dores (2020), proxecto que impulsou a creación da asociación, e Na pel da memoria (2022), o seu último traballo.

Ademais haberá unha actuación musical a cargo de Su Garrido Pombo.

Cinema e Memoria