Peche e Entrega de Premios

Sábado 2 de abril ás 20h30 no Auditorio do Museo do Pobo Galego

Acto de entrega de premios con actuación de TRALO-VALO

Tralo-Valo é o dúo da tocadora Carme da Pontraga e o zanfoneiro Ariel Ninas, cun repertorio baseado na tradición oral galega transmitido polas cantareiras. Para esta ocasión interpretarán temas recollidos polo antropólogo danés Gustav Henningsen en Galicia (1964-1968). Música de matriz patrimonial, que se conservou ao longo de xeracións, florece agora coa forza da tradición oral: muiñeiras, pateados, romances, cancións de andar o camiño, alalás, agarrados… Enriba da base sonora dun bordón grave e continuo debuxan células melódicas repetitivas, case hipnóticas que constrúen sobre os ritmos dos antiguos.