Cinema Bonaval

LAS CINÉPHILAS

MARTES 25 DE AGOSTO

ENTRADAS Vivetix

22h00 Parque de Bonaval

María Alvarez
2017 | 74′ | Argentina

GUIÓN: María Alvarez
REPARTO: Paloma Diez-Picasso, Chelo Domínguez, Estela Clavería, Norma Bárbaro, Lucía Aguirre
FOTOGRAFÍA: Tirso Díaz-Jares Rueda
MONTAXE: María Alvarez
PRODUCIÓN: Tirso Díaz-Jares Rueda y María Alvarez


Sinopse: En palabras da súa directora, María Álvarez: “Las Cinéphilas é un documental coral sobre mulleres xubiladas de diferentes países que van ao cine todos os días. Véxoas desde os meus anos como estudante , compartindo as funcións de tarde con elas. Alí estaban, e aínda están, “as cinéfilas”. Todos as vimos e as vemos sempre. Decidín filmalas. Alén do amor polas películas, o cine aparece como un lugar de contención da soidade e do paso do tempo. O cine como unha cita que motiva a estas señoras.”

XOVES DE COMADRES

MÉRCORES 26 DE AGOSTO

ENTRADAS Vivetix

22h00 Parque de Bonaval

[ESTREA EN GALICIA]

Noemi Chantada
19’ | 2019 | Galicia2

Sinopse: O seu mundo era xa como un formigueiro baleiro, unha colmea case seca á que chega un grilo bulideiro.


SANTA BAIA DE MONTES

MÉRCORES 26 DE AGOSTO

ENTRADAS Vivetix

22h00 Parque de Bonaval

Sabela Souto
15’| 2019 | Galicia2

Sinopse: A peza ubícase na aldea de Santa Baia de Montes, no concello de Cualedro (Ourense). Os veciños e as veciñas están fartas de recibir medios de comunicación que só queren información sobre os incendios que se repiten ano tras ano. Desta vez, non foi así.

DE MONSTRUOS Y FALDAS

MÉRCORES 26 DE AGOSTO

ENTRADAS Vivetix

22h00 Parque de Bonaval

Carolina Astudillo
2008 I 24’I España



Sinopse: A realizadora, investigadora e docente chilena, artella o seu traballo tendo como eixo ás mulleres e a memoria histórica, unha das temáticas que están preesentes nesta 15ª MICE Museo do Pobo Galego. O filme, premiado e exhibido en festivais nacionais e internacionais evoca os anos en que as nais e tías de Libertad, Enriqueta, Maricarmen e Albert, estiveron na prisión de Les Corts. As súas historias mergúllannos nun movemento pendular entre o pasado e o presente, entre as lembranzas, o esquecemento e o paso do tempo.

DOROTHÉ NA VILA

XOVES 27 DE AGOSTO

22h00 Parque de Bonaval

[ESTREA]

Alejandro Gándara e Olaia Tubío. Coa presenza dos creadores.
2020 | 85’’ | Galicia


Sinopse: A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país hoxe en día depositadas no APOI – Museo do Pobo Galego. Corenta anos despois, dúas rapazas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida.

A estrea en primicia desta longametraxe documental na MICE Museo do Pobo Galego vai alén do interese indiscutible do propio filme e da historia que conta. Por unha banda porque responde ao obxectivo da entidade de conservar e divulgar a cultura material e inmaterial de Galicia que, no caso das músicas de tradición oral desenvolve a través do APOI , un arquivo en aberto; por outra, pola doazón ao APOI en 2014 do fondo musical co que a etnomusicóloga elaborou o histórico cancioneiro, o que fixo participar ao Museo dun xeito especial neste proxecto.

ENTRADAS ESGOTADAS